Patrimonio: ESPAZOS SONOROS

ESPAZOS SONOROS

Un convite para vivir, con música, o noso patrimonio

Son numerosos os seguidores e as seguidoras de Espazos Sonoros que devecen pola chegada deste ciclo para percorreren o territorio galego á descuberta do patrimonio e da boa música. Xa está aquí a novena edición!

Ler máis

Chegou Espazos Sonoros. Do 3 de setembro ao 18 de outubro, a música, a arquitectura e a paisaxe volven ser os protagonistas de Espazos Sonoros, que este ano propón un achegamento a edificacións patrimoniais, civís e relixiosas, nas que soarán ao vivo agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o Ensemble Gilles Binchois, Le Miroir de Musique, La Xácara , Tres Pesos, Solo Voces con Adrián Regueiro na xa habitual Rolda pola paisaxe dos órganos históricos, ou a pianista Paula Ríos , que recupera para a ocasión a obra para piano de Rosa García Ascot e Xesús Bal y Gay.

Ademais destes concertos únicos, Espazos Sonoros propón un conxunto de actividades que inclúen andainas e obradoiros para achegarnos, a través de experiencias participativas, ao patrimonio cultural de Galicia. Toda unha programación que aposta, un ano máis, por crear espazos para esoutras músicas con menor presenza, pero de alta calidade, e difundir dun xeito único un patrimonio cultural, aínda descoñecido. 

Consultade os concertos, andainas, visitas guiadas e obradoiros na Axenda de Cultura de Galicia! Lembrade que todos son de balde pero que algunhas actividades requiren inscrición previa.

  • Le Miroir de Musique Le Miroir de Musique
  • La Xácara La Xácara
  • Ariel Ninas e César Prata Ariel Ninas e César Prata
  • La Compagna La Compagna

Documentos relacionados

Comparte