Dinamización: VOAN OS LIBROS CARA A BUENOS AIRES!

VOAN OS LIBROS CARA A BUENOS AIRES!

A literatura galega é protagonista da feira internacional do libro 2016

2016 vai ser unha data importante para a proxección do libro e a creación galega en América latina. A cidade que foi berce de boa parte da nosa literatura no século pasado designou Santiago de Compostela como cidade convidada da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016, para poñer a cultura galega no epicentro do fervedoiro cultural porteño.

 

Ler máis

Autores, editoriais, distribuidores e axentes do libro terán a oportunidade de labrar novas pontes co sector arxentino e internacional nunha cita que durante tres semanas, do 21 de abril ao 9 de maio, contará cunha ampla programación de cultura galega en diferentes espazos da capital arxentina.

Manuel Rivas, Domingo Villar, Xavier Queipo, María Solar, Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Miguel Anxo Murado, Pedro Feijoo, Ledicia Costas, Xaquín del Valle-Inclán, Diego Ameixeiras, Cesáreo Sánchez, Chus Pato, Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, María Meijide, Xavier Alcalá, Luís G. Tosar, Elena Gallego, Clara Gayo, Antón Lopo, Benigno Campos, Ángel Carracedo e Jorge Mira participarán nas actividades programadas na capital arxentina para promover a nosa cultura neste espazo único de intercambio entre os diferentes actores da industria editorial internacional.

Vídeo promocional 

  • Manuel Rivas
  • Ledicia Costas
  • María Solar
  • Pedro Feijoo

Comparte