As coleccións dentro do catálogo de Ediciós do Castro: a Galicia exterior
Ediciós do Castro, nada tras a creación do Laboratorio de Formas, fundado por Díaz Pardo e Seoane, publicou máis de 70 obras repartidas nunhas 20 coleccións entre 1963 e 2008. Entre estas coleccións destacamos a Biblioteca do Exilio, pequena escolma de obras de diferentes xéneros e autores, non sempre galegos, que se completa con outros documentos fóra de colección sobre a emigración e o exilio galego.
Pode visitarse no terceiro andar durante o horario de apertura da biblioteca.