Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Apren-Deimi

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo ....

Maxia moi variada e divertida para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Nani García Trío en concerto

Nani García volve á primeira liña da escena musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos ano 80 conseguiu renovar o panorama jazzístico galego. Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano, contrabaixo e batería, Nani García Trío vai máis alá dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pezas como na execución instrumental. 

Galego

Moendo muiñeiras; cóntoche un traxe infantil

Dunha maneira sinxela, orixinal, dinámica e amena faremos unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos tatara-tatara-avós. A nosa narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materias cos que se fabricaban as teas; e tamén, o máis importante, manipularemos estas pezas de roupa, e catro asistentes, dous voluntarios e dúas voluntarias, acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara-avós.

Galego

Vacacións no mar

Un espectáculo infantil ideal para gozar en familia.

 

 A Marina encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega a porto no seu veleiro ... pero nun descoido o pirata Ollo Virollo  róuballe o barco e faise ao mar. Tras 45 minutos de acontecementos. Cumprirá Marina o seu soño de dar a volta ao planeta?

 

 

Galego

Pegadas de Castelao

Pegadas de Castelao é un espectáculo dirixido a todos os públicos (a partir de 6 anosI que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: cantar de cego, monicreques, teatro de actor etc., todo acompañado por música en directo e cantigas tradicionais vinculadas á súa vida e obra.

Galego

María e os ollos alabarados

María e os ollos alabarados é un espectáculo para todos os públicos a partir da obra de María Victoria Moreno.

A través de diversos fragmentos e relatos da súa obra (Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas), tentaremos percorrer o universo da autora, poñendo de manifesto os temas máis relevantes dos seus escritos; como a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais.

Galego

Merenda con pan de millo

Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato  baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral,  co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Galego

MCarballo Blues Sessions

A formacion é a tipica dos anos dourados do Blues: voces, harmónica, banjo, slide guitar, guitarras resonadoras, acústicas e bateria.
Blues tradicional, country, gospel,... O repertorio inclúe temas propios, con letras e música orixinais, e incorpora versións dos clásicos da epoca, de autores e interpretes como The Band, Johnny Cash, Ry Cooder, Eric Clapton, J. J. Cale, Creedence Clearwater Revival, B. B. King, Muddy Waters, Willie Dixon, Junior Parker, James Cotton, Little Walter, Jimmy Reed....

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño