Elementos
O Mago conta a historia de como chegou ao mundo da maxia e conxuga os elementos da Aire, Terra e Fogo para levar a cabo aparicións de pombas ou coellos, que da mesma maneira que aparecen, desaparecen. Durante o espectáculo sucédense recreacións das rutinas clásicas que levaron a cabo prestixiosos magos, pero con adaptacións personalizadas.
Hai que ter en conta que Máxico Brais fai o seu debut artistico con tan só 6 anos no Teatro Principal de Santiago de Compostela da man de Teresa Rabal no programa concurso VeoVeo, levando o premio Revelación.

