Catálogo libros infantís e xuvenís de Galicia 2015

O libro infantil e xuvenil constitúe un dos mellores referentes da calidade e da riqueza creadora da cultura galega actual, grazas ao labor dos  escritores e ilustradores, xunto coa profesionalidade das firmas editoriais e colectivos técnicos que traballan neste ámbito.

O presente catálogo amosa a riqueza creadora dos escritores e ilustradores de Galicia, que traballan especificamente no subxénero da literatura infantil e xuvenil, así como a diversidade de temas e a singularidade de tratamentos editoriais que os editores galegos queremos presentar, difundir e compartir nesta Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña 2015.