Busca

Páxinas

19/10/2022

Forma parte da quincena de propostas públicas e privadas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural galega en zonas non urbanas

Desenvolvido polas entidades da Rede Aldear, este proxecto articularase arredor de itinerancias artísticas, accións socioeducativas en centros escolares, intervencións científicas e unha oficina móbil de promoción en economía social
 

18/10/2022

Confeccionado polo intelectual ourensán, este plan buscaba reformar de forma profunda o modelo escolar galego de principios do século XX

 

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do exemplar conmemorativo elaborado pola Fundación Vicente Risco

18/10/2022

A partir de mañá e ata o 23 de outubro, o espazo institucional permitirá a realización de reunións profesionais con axentes procedentes de diversos países do mundo
 

Promoverase o traballo de editores, tradutores e ilustradores galegos e divulgaranse as últimas novidades editoriais para o público
 

17/10/2022

A Coruña, 17 de outubro de 2022

A 29ª edición de Womex (World Music Expo), o encontro de música folk e de raíz máis importante do circuíto internacional, terá lugar do 25 ao 29 de outubro na cidade da Coruña. Así se anunciou hoxe no Concello herculino, nun acto no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para deixar testemuño do apoio económico da Xunta a unha nova celebración do evento na nosa Comunidade.

17/10/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación de ‘A agonía das folerpas’, de Óscar Reboiras, vencedora da segunda edición deste certame que ten como obxectivo promover a visibilidade do mundo rural galego

Está convocado polo Concello de San Xoán de Río co apoio e patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia
 

17/10/2022

A produción de Portocabo para Movistar Plus+, subvencionada polo Hub Audiovisual galego, centrará as tres primeiras sesións deste curso, dedicado a afondar nos procesos creativos e técnicos de obras audiovisuais con selo galego

 

O programa inclúe tamén xornadas sobre o documental Welcome to ma maison, a longa de terror Jacinto, a serie Operación Marea Negra e as curtametraxes do alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación

16/10/2022

Doutora en Literatura francesa, ensaísta e tradutora, ela ten que entre os seus traballos a edición da correspondencia entre María Casares e o seu pai

Pola súa banda, o dramaturgo ten ampla traxectoria no eido da produción teatral e na súa faceta de intérprete traballou en varios organismos internacionais

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle esta nova sesión o mércores 19 ás 19,30 horas, con entrada de balde

A iniciativa rematará o vindeiro mes de novembro co último dos relatorios, no marco da conmemoración do centenario da artista

16/10/2022

Teñen o seu porto habitual en Ferrol, Muros, O Grove, Oleiros, Ribeira, Sanxenxo, Vigo e Vilagarcía de Arousa

Coa posta en marcha deste rexistro o pasado mes de xullo, son xa medio centenar os barcos que se incorporaron nesta base de datos incluída entre as medidas de protección incluídas na declaración BIC destas técnicas

 

15/10/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita a Casa de Don Álvaro en Lalín, onde anunciou que o seu departamento elevará en 4 M€ máis a partida para actuacións de conservación e restauración de bens o vindeiro ano

 

Salientou que este esforzo inversor permitirá ampliar o labor que se está desenvolvendo en toda a Comunidade e avanzar nas grandes liñas de traballo

 

14/10/2022

Mañá abre o prazo para que as entidades poidan sumarse a esta iniciativa que ofrecerá descontos do 50% na compra de libros, música en formato CD ou vinilo, entradas para museos, cines, concertos ou espectáculos escénicos, entre outras

Teñen un mes para inscribirse a través da web bonocultural.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) indicados no DOG de hoxe

Os usuarios poderán descargar o bono a partir do 2 de novembro e usalo ata o 31 de decembro