Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 791
- 792
- 793
- 794
- 795
- 796
- 797
- 798
- 799
- …
- seguinte ›
- última »
A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño
A artista iniciou a súa formación na Coruña da man de Lolita Díaz Baliño e a súa obra está representada en edificios oficiais e públicos, no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en todos os de Galicia e nun bo número de provincias de España
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste proxecto impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
O proxecto Play.aRi[t]mar aglutina máis dun cento de cancións e poesías de autores como Guadi Galego, Sés, Salvador Sobral, Ana Moura, Manuel Rivas, Lupe Gómez, Ana Luisa Amaral ou Nuno Júdice.
O circuíto estase a desenvolver en 11 salas das catro provincias, que contan con financiamento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para ofrecer 74 actuacións durante o segundo semestre deste ano
Trátase dunha programación 100% galega na participan 57 solistas e bandas como Belém Tajes, Catuxa Salom, Cró!, Habelas Hainas, LaMontagne & PicoAmperio, Maryland ou Valentín Camaño, que dan conta da variedade de estilos da música galega
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa no Consello de Arquivos de Galicia onde avanzou as principais liñas de traballo para o vindeiro ano
Eleva a case 840.000€ os fondos para optimizar a súa xestión, dotalos de recursos, potenciar a súa dixitalización e desenvolver o Plan de Arquivos
En conxunto, o departamento autonómico destina 4,5 M€ anuais ao funcionamento e posta a punto dos seis arquivos que xestiona
A publicación, que presenta hoxe o director xeral de Cultura, amosa o traballo desenvolvido para achegar á cidadanía o patrimonio documental
A plataforma do mesmo nome acolle un novo espazo, ‘Memoria e Concordia’, centrada na documentación entre 1936 e 1978
Entidades públicas e privadas poden solicitar ata o 5 de decembro apoio para proxectos de transición verde e transformación das infraestruturas de artes escénicas e musicais que impulsen a súa xestión sostible
Este investimento redundará nunhas mellores condicións de traballo do persoal técnico e artístico, así como nunha meirande calidade na exhibición dos espectáculos diante do público
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades achegou 1,2M€ a 46 espazos na primeira convocatoria, que agora se amplían con 900.000€ adicionais
O director de Industrias Culturais aborda vías de apoio coa nova Asociación de Narración Oral Galega
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2022 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse con Cándido Pazó e con Atenea García como representantes da nova Asociación de Narración Oral (NOGA), constituída o pasado 1 de outubro no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo co obxectivo de darlle visibilidade e dignificar o exercicio profesional deste colectivo.
O responsable autonómico de Cultura pon en valor a importancia destas entidades para o impulso do sector e a salvagarda do patrimonio literario, artístico e etnográfico na inauguración da exposición ‘Unha pincelada a Paco’ co alcalde de Lalín
A mostra do Museo Ramón María Aller recolle as obras da XV Xuntanza-Obradoiro Internacional das Artes Plásticas da Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño
A iniciativa rende homenaxe ao artista Paco Lareo, falecido hai dez anos, e poderá verse ata o 25 de novembro
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega destes galardóns convocados polo instituto compostelán coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez
Con estes premios búscase incentivar na mocidade o espírito crítico e o compromiso coa nosa época e coa nosa lingua
Ourense, 3 de novembro de 2022







