Busca

Páxinas

28/11/2022



A incoación, que permitirá ao Concello acollerse a axudas para a súa rehabilitación, abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral e os espazos anexos

O conselleiro tamén se desprazou a Crecente para visitar o colexio Manuel Sieiro, onde a Xunta acomete a cuberta do patio da zona infantil



 

27/11/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nas actividades da feira que remata hoxe tras catro días de intensa actividade profesional e para o público

Avanza que o Goberno autonómico porá en marcha novas iniciativas o vindeiro ano cun investimento que supera os 104 millóns de euros, un 8,5% máis que en 2022

 

26/11/2022

Os directores de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do CDG, Fran Núñez, detallan esta nova dinámica de internacionalización, que inclúe a participación en dous proxectos europeos, programas de intercambio, xiras e presenza en festivais con producións propias e coproducións

A montaxe da compañía pública O charco de Ulises é unha das catro finalistas a mellor espectáculo estranxeiro nos 60º Premios Florencio da Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai a raíz das representacións ofrecidas o ano pasado en Montevideo

26/11/2022

Destaca o papel da colectividade galega no exterior “na posta en valor do orgullo pola súa terra desde a fraternidade, a irmandade e a colaboración”

A iniciativa de renomear a praza parte da asociación Lar Galego e conta coa colaboración do escultor Cándido Pazos, autor da peza que ocupa o seu espazo principal
 

26/11/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña a importancia científica e académica de documentos como manuscritos, correspondencia ou fotografías de Vicente Risco e do seu fillo Antón

25/11/2022

Salienta o bo momento dos creadores e creadoras galegos e compromete novos apoios para medrar, innovar e gañar visibilidade

O Hub Audiovisual, o Bono Cultura, os programas Territorio Cultura e Xeración Cultura, o Observatorio para a Innovación no Patrimonio Cultural ou as iniciativas lexislativas sobre cultura dixital e cultura accesible son algunhas das medidas do Goberno galego para consolidar a reactivación e impulsar o crecemento das industrias culturais

Pon Culturgal como exemplo de colaboración público-privada a prol da dinamización e proxección social neste ámbito

24/11/2022

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na entrega desta distinción convocada pola Xunta e as catro deputacións provinciais desde 1977

Está é a primeira vez que o galardón máis lonxevo de Galicia homenaxea unha carreira centrada na investigación médica e científica

24/11/2022

Poténciase a vertente de negocio cultural cun primeiro día de actividade reservado ao intercambio entre os axentes do sector a través de xuntanzas personalizadas, ‘networking’ e presentacións

O Goberno galego repite como principal entidade patrocinadora do evento, ao que lle achega ademais preto dunha trintena de citas entre talleres, relatorios, concertos e representacións escénicas

 

22/11/2022

A Coruña, 22 de novembro de 2022 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na última sesión do ciclo María Casares. Do exilio ao escenario, organizado pola Xunta de Galicia con motivo do centenario do nacemento da actriz.

22/11/2022

Esta nova achega permitirá actuar na cuberta, fachadas e soportais, mellorar a zona das visitas culturais e a accesibilidade na Horta das Olivas e investigar a canalización histórica do santuario



Estímase que os traballos se poñan en marcha no segundo trimestre do ano 2023 e contarán cun prazo de execución aproximado de seis meses

 

Con esta actuación, o investimento feito polo Goberno galego neste Ben de Interese Cultural na última década chega ata os case 850.000€