Nova: Román Rodríguez celebra que a programación do Ano Laxeiro achegue o legado do pintor á cidadanía

03/11/2022

Román Rodríguez celebra que a programación do Ano Laxeiro achegue o legado do pintor á cidadanía

Ourense, 3 de novembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, celebrou que a programación do Ano Laxeiro estea a achegar o legado do pintor lalinense á cidadanía con iniciativas que permiten reflexionar sobre a súa inconfundible pegada e mergullarse en aspectos insólitos das súas creacións. Así o afirmou esta tarde en Ourense durante a inauguración da exposición Acción Laxeiro na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e na que tamén participou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.

 

A mostra estreada no centro Cultural Marcos Valcárcel forma parte das actividades impulsadas pola Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración da Xunta de Galicia co gallo do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a Laxeiro. Trátase dunha exposición itinerante que inclúe unha performance e que iniciou a súa programación na Coruña para continuar en Ferrol, Ourense, onde estará ata o mes de decembro, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Vigo.

Comparte