Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 792
- 793
- 794
- 795
- 796
- 797
- 798
- 799
- 800
- …
- seguinte ›
- última »
A retrospectiva dedicada á actriz coruñesa iniciarase o 22 de novembro e incluirá cinco títulos como primeira parte dun ciclo que continuará en decembro
A carteleira deste mes da cinemateca da Xunta abre esta tarde con ‘Luces de la ciudad’, de Charles Chaplin e mais a primeira entrega das tres dedicadas á Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona
Novembro tamén presenta a nova proposta ‘Filmes falados’ e un coloquio arredor da figura de José Sellier
Os usuarios poden gozar de descontos do 50% en compras de libros, música, entradas para museos, cines, concertos e teatro ata o 31 de decembro
As empresas poden seguir sumándose a esta iniciativa, xa que o prazo para os profesionais mantense aberto ata o 14 de novembro en www.bonocultura.gal
O Goberno galego reforza o seu compromiso coa cultura nos orzamentos para o vindeiro ano cun incremento do 8,5% ata os 104 millóns de euros
A candidatura de Galicia e Portugal obtén informe de inscrición favorable, o paso anterior á decisión final do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial que se celebrará en Rabat a finais deste mes
Resalta “a combinación de radio, educación e patrimonio cultural” nas escolas a ambos lados da fronteira para que a mocidade se implique nas súas tradicións
Os examinadores consideran que este modelo sería exportable, especialmente a países en desenvolvemento, pois “fomenta a paz e o entendemento intercultural”
Os traballos impulsados polo Goberno galego centráronse en reparar os danos estruturais e en recuperar a policromía nas zonas máis deterioradas
O responsable autonómico de Cultura salienta o esforzo do seu departamento para garantir “o mellor futuro ao noso pasado máis singular”
Froito deste compromiso, a Xunta de Galicia incrementará o vindeiro ano a partida destinada á conservación, restauración, investigación e divulgación nun 14%
‘Camiños creativos’ será unha das principais citas expositivas deste outono en España e inaugurarase en novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura
Institucións museísticas e coleccións como a Thyssen-Bornemisza Art Contemporary de Viena, a Galería Ufizzi-Palazzo Pitti de Florencia, a British Library, o Museo del Prado ou o Reina Sofía ceden obras dos seus fondos no marco desta exhibición
A que será a última gran exposición internacional deste Ano Santo artéllase arredor do concepto de camiñar para crear e a relación entre desprazamento e arte
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe co novo director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Pablo Otero, e coa vicedirectora, Amparo Rubio, para estudar as actuais vías de colaboración e perfilar outras novas.
O obxectivo do acordo é establecer un marco de colaboración que favoreza traballos conxuntos de restauración, empregando as técnicas máis axeitadas e potenciando -ao tempo- a investigación e especialización profesional no ámbito da rehabilitación
A vixencia está fixada nos próximos catro anos, prorrogables por outros catro máis
O proxecto do Concello vimiancés forma parte da quincena de propostas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas
O groso da súa programación concentrarase entre os meses de xaneiro e marzo con música, teatro, humor e narración oral a cargo tanto de coñecidos nomes do actual panorama cultural galego como de formacións e artistas locais
Poranse en circulación 20.000 vales que calquera persoa maior de idade poderá obter na web bonocultura.gal e empregar ata o 31 de decembro
Terán un 50% de desconto nas súas compras de libros, música, entradas para museos, cines, concertos ou espectáculos escénicos, entre outras
Xa hai case 400 empresas adheridas en toda Galicia que poden seguir sumándose ata o 14 de novembro
O espectáculo dirixido por Tito Asorey represéntase no Pazo da Cultura carballés o vindeiro luns cunha función inclusiva tras a súa estadía no Salón Teatro de Santiago, onde ofreceu 21 funcións que congregaron máis de 4500 espectadores
Ourense, Vigo, Narón, Pontevedra, Cangas, Burela, Lugo, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol son os próximos destinos deste percorrido, que se estenderá ata primeiros de febreiro de 2023







