Busca

Páxinas

24/10/2022

Esta nova edición do ciclo, promovido xunto ao Centro Cultural Portugués do Instituto Camões en Vigo, comeza mañá no Salón Teatro de Santiago coa presentación da ‘Antoloxía do teatro galego contemporáneo’ pola Cena Lusófona

Nuno Cardoso, director artístico do Teatro Nacional São João, interpretará o seu monólogo ‘Achadiço’ os días 25 e 26, mentres que a Companhia de Teatro de Braga chegará o 1 de decembro co espectáculo ‘Calígula’, dirixido por Manuel Guede
 

23/10/2022

Vén de rematar na Coruña a filmación de ‘Un pasado por delante’, primeira longametraxe de Olga Osorio, mentres que continúan as das segundas temporadas de ‘Rapa’ en Ferrol e ‘Los enviados’ en varias localizacións da provincia de Pontevedra e de Santiago

Coincidiron desde setembro coa gravación en Galicia da película ‘O corno’, da serie ‘Argonautas’ e da segunda entrega de ‘Operación Marea Negra’

22/10/2022

O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración de ambas as mostras que poderán visitarse de balde

’Compromiso na distancia’, que forma parte da programación das Letras Galegas 2022, estará na Biblioteca Pública de Lugo ata o 10 de novembro

‘Fuxan os Ventos. 50 anos de historia’ réndelle homenaxe a unha das agrupacións máis emblemáticas da música galega no Vello Cárcere ata o 22 de xaneiro
 

21/10/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, subliña que esta mostra contribúe a “entender, reforzar e enaltecer aínda máis o enorme traballo que desenvolven os bombeiros forestais”

O proxecto expositivo, composto por máis de 50 pezas xunto con fotografías e vídeos, pode visitarse ata finais de xaneiro

21/10/2022

‘De lugares e cousas’ convídanos a explorar, a través da arte, os significados cos que dotamos os obxectos e os espazos nos que habitamos física e espiritualmente

O titular de Cultura do Goberno galego subliña “a oportunidade de achegarse a verdadeiros referentes da creación contemporánea” e afondar nas súas visións particulares arredor da natureza, a cidade ou a memoria

Figuras como Eduardo Chillida, Antoni Tàpies, Jaume Plensa, Cristina Iglesias ou Susana Solano forman parte desta mostra que agrupa 41 pezas de 36 artistas pertencentes á Colección de Arte Banco Sabadell

21/10/2022

A delegación galega ofrece unha recepción internacional na que participa o director da Axencia Galega das Industrias Culturais e difunde os últimos traballos de máis de 30 artistas e formacións musicais cara aos 2500 profesionais acreditados

A cantautora galega Sheila Patricia actuou onte seleccionada directamente pola organización da feira dentro do programa oficial de concertos do escenario local Lusofónica Stage
 

20/10/2022

A Cidade da Cultura é a primeira entidade en acoller esta proposta da Xunta que se constitúe como unha ventá aberta ao futuro Centro de Artes Dixitais de Galicia

O proxecto emprega as tecnoloxías inmersivas para pór en valor e facilitar a accesibilidade de monumentos, espazos naturais e lugares de interese turístico, favorecendo asemade a súa conservación

Camiñar polos tellados da Catedral de Tui, ollar o mar desde a lanterna da Torre de Hércules ou visitar a cripta do Apóstolo en Santiago son algunhas das 12 experiencias que se poderán vivir na Cidade da Cultura

19/10/2022

A Coruña, 19 de outubro de 2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe nunha nova sesión do ciclo María Casares. Do exilio ao escenario organizado pola Xunta de Galicia con motivo do centenario do nacemento da actriz. As conferencias correron a cargo esta vez de María Lopo e Borja Ortiz, ambos especialistas na vida e obra da artista.

19/10/2022

Forma parte da quincena de propostas públicas e privadas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural galega en zonas non urbanas

Desenvolvido polas entidades da Rede Aldear, este proxecto articularase arredor de itinerancias artísticas, accións socioeducativas en centros escolares, intervencións científicas e unha oficina móbil de promoción en economía social