Busca

Páxinas

09/10/2022

Cas d’Oleiro, Culturactiva, Ernie Producciones, EsmerArte, Kalderon Producciones, Lospregos, Musicarte Rey Saavedra, Nordesía, Play Plan Cultural, Xabier Díaz e Xonix Records son as 11 empresas apoiadas mediante esta convocatoria
 

Nomes como A Pedreira, Boyanka Kostova, Brath, Budiño, Guadi Galego, Laura LaMontagne & Pico Amperio, Luar na Lubre, Ortiga, Pablo Lesuit, Pauliña, Sheila Patricia, Tanxugueiras ou Xoel López figuran nos proxectos subvencionados
 

07/10/2022

A exposición poderá verse ata o 2 de novembro na praza de España tras o seu paso por Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo e Ourense

Artéllase en 10 grandes áreas temáticas a través das que se achega á cidadanía diferentes facetas persoais e profesionais da artista

A exposición forma parte da programación impulsada pola Consellería de Cultura no marco do centenario do nacemento da actriz, o vindeiro mes de novembro

07/10/2022

O proxecto expositivo ‘A distancia que nos une’ poderán verse ata decembro no Paseo de Recoletos, a Praza de Cibeles, o Paseo do Prado ou o Museo Tyssen-Bornemizsa

“Coa inauguración desta mostra dun dos nosos mellores embaixadores culturais traemos un anaco de Galicia e da nosa tradición artística ante visitantes de todo o mundo”, expresa Román Rodríguez

A itinerancia é posible grazas a un proxecto colaborativo entre a Xunta de Galicia, o Concello de Madrid e a galería de arte madrileña Max Estrella

 

07/10/2022

Os traballos inclúen a escavación e consolidación de 60 metros cadrados da estrutura, na área que delimita o xacemento polo Leste

06/10/2022

O espazo coruñés vén contando co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o desenvolvemento da súa carteleira de teatro familiar dentro da Rede Galega de Salas

06/10/2022

O delegado territorial sinalou que esta mostra organizada pola Xunta “quere difundir a obra máis significativa do escritor ourensán e dar a coñecer os lugares onde transcorreu a súa vida”
 

Esta mostra enmárcase nas máis de 150 actividades da programación especial das Letras Galegas 2022 que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra do homenaxeado o 17 de maio
 

06/10/2022

Resalta que o obxectivo é “botar unha man” ao sector e aos consumidores neste difícil contexto económico de suba de prezos

Destaca que é unha medida “para todos os galegos, teñan a idade que teñan” xa que non se fixa “unha idade máxima” para acceder aos bonos

Poranse en circulación 20.000 bonos para dar así continuidade ao programa de descontos do 50 % en compras ou na utilización de servizos culturais

As empresas poderán comezar a adherirse á campaña este mes de outubro e a partir do 2 de novembro os usuarios poderán descargar o vale en bonocultura.gal

05/10/2022

Román Rodríguez incide na proxección que para a industria audiovisual galega supón a filmación na nosa Comunidade desta produción de Paramount+, grazas á implicación de Portocabo e co apoio do fondo de rodaxes do Goberno autonómico
 

O proxecto conta cunha subvención de 300.000 euros como adxudicatario da liña para impulsar Galicia como escenario de cine e televisión, mediante a que xa se leva contribuído á produción de oito películas e series ata o momento
 

05/10/2022

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Cultura gaban a calidade da publicación na que se aborda dun xeito completo a complexa personalidade da actriz

 

05/10/2022

A nova carteleira do Teatro Principal pontevedrés incorpora as compañías A Panadaría, Inversa Teatro, Producións Teatrais Excéntricas, Contraproducións e Ibuprofeno no ciclo Ponteatro, e a Tanxarina e Caramuxo na oferta infantil das fins de semana