Busca

Páxinas

29/09/2022

— O xurado recoñece a súa novela Os corpos de Romanov. Matthias Lentz, da que destaca a gran precisión de estilo

— A dotación económica do galardón ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia

— O obxectivo deste certame é impulsar a creación de literatura en galego e promover o uso social da lingua galega, un dos ámbitos prioritarios para a política lingüística
 

29/09/2022

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na presentación desta edición no Teatro Principal, que acollerá o groso da programación
 

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades apoia a mostra ourensá a través da convocatoria de axudas á organización de festivais de artes escénicas, que en 2022 distribuíu 200.000 euros entre 13 citas de toda a Comunidade
 

29/09/2022

O evento ábrese tamén ao público xeral cun concerto de benvida a cargo de Xosé Lois Romero & Aliboria e Omiri, así como con ‘showcases’ de bandas galegas e portuguesas, espectáculos de animación de rúa e o novo Festival Río Miño Tranfronteirizo

29/09/2022

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación do encontro, que se celebra na illa redondelá ata o 1 de outubro
 

Está dirixida polo prestixioso ilustrador David Pintor e participarán artistas do ámbito da ilustración e deseño gráfico dos dous lados do Miño os galegos Uxía Pin e Alejandro Viñuela e as portuguesas Cátia Vidinhas e Margarida Nóbrega
 

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades participa tamén na presentación das xornadas ‘Videoxogo e literatura. Unha mirada transversal'

28/09/2022

Resultan galardoados o colexio CEIP Albeiros de Lugo, o Centro de Educación Especial Miño de Ourense e o colexio CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada

O programa busca fomentar a presenza do galego nos centros de Educación Infantil e Primaria a través da creatividade e da incorporación das TIC nas aulas
 

28/09/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades subvenciona o certame compostelá a través da convocatoria de axudas a mostras audiovisuais, que en 2022 distribuíu 210.000 euros entre 11 citas de toda Galicia

A sección ‘Planeta GZ’ volverá dar conta do cinema emerxente galego con traballos de realizadores como Ángel Santos, Diana Toucedo, Nerea Barros, Eloy Domingo Serén, Alberte Pagán ou Jaione Camborda

28/09/2022

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais participa na presentación da feira sectorial, que se celebrará entre o 24 e o 27 de novembro en Pontevedra

O acto serviu como presentación oficial de Eva Alonso como nova directora do evento, que se desenvolverá baixo o lema ’15 anos cos fíos da Cultura’

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é o patrocinador principal cunha achega de 65.000 euros e coa incorporación ao programa xeral de diferentes iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

28/09/2022

Entre os meses de outubro e decembro veranse ao aire libre pezas no Paseo de Recoletos, a Praza de Cibeles, o Paseo do Prado ou o Museo Tyssen-Bornemizsa
 

“Ten un gran mérito a capacidade de Manolo Paz de intervir en espazos singulares como el o fai, conseguindo que a arte dialogue co territorio”, declara
 

No marco do Xacobeo 21-22, a exposición ‘A distancia que nos une’ será unha oportunidade de promoción da cultura galega ante millóns de persoas

28/09/2022

Este circuíto de exhibición de espectáculos, coordinado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, reforza con catro funcións o programa do ‘Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)’ de Carballo

‘Wombo combo’, a nova montaxe de Galeatro, e ‘Pirolíticos’, obra coa que Mofa&Befa xirará no seu 30ª aniversario, son as dúas estreas que inclúe a Rede na súa carteleira para estes tres concellos da Costa da Morte
 

27/09/2022

A carteleira da cinemateca da Xunta ata finais de outubro inclúe tamén retrospectivas sobre a cineasta alemá Helke Misselwitz e o documentalista portugués António Campos, así como unha homenaxe ao Oleksandr Dovzhenko National Center de Kíiv coa proxección de dous clásicos do cine ucraíno