Busca

Páxinas

23/01/2026

Ferrol, 23 de xaneiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa presidenta da Sociedade Filarmónica Ferrolana, Araceli Torres, o secretario da entidade, Pascual Sesma e o tesoureiro, Fernando Coll, coa finalidade de estudar posibles vías de colaboración.

12/01/2026
  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa Amtega para crear dous espazos temáticos que permitirán consultar máis de 800 cabeceiras de prensa, así como máis de 40.000 documentos relacionados con episodios históricos
  • Habilitarase tamén un grafo de coñecemento, un modelo de representación que permite que se poidan facer consultas dun xeito persoal e expresivo
27/11/2025

A Xunta de Galicia inviste 50.000 euros na campaña exterior do filme para contribuír a aumentar as súas posibilidades de chegar á fase final da 98ª edición destes galardóns

A película acadou tamén nove candidaturas aos Premios do Cine Europeo, ademais de optar ao de mellor película internacional nos BIFA do cine independente británico

26/11/2025

Lugo, 26 de novembro de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo reunirá o próximo sábado, día 29, a 12 agrupacións de acordeón e dous solistas no primeiro ‘Gran encontro de acordeonistas de Lugo’, unha cita musical que se enmarca nos actos de celebración do 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

28/10/2025

O Grove (Pontevedra), 28 de outubro de 2025

San Vicente do Mar, no concello pontevedrés do Grove, está a acoller a rodaxe en Galicia de Punto Nemo 2, segunda temporada da serie de Ficción Producciones para Prime Video. Ata o set instalado na zona de Porto Cuaces desprazouse o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, para asistir á filmación de varias das escenas previstas durante a xornada.

22/10/2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta “a importancia do audiovisual para percorrer os cambios sociais, políticos e culturais vividos en Galicia ao longo dos séculos XIX, XX e XXI”

‘Contando películas: a evolución do espectáculo cinematográfico en Galicia’ está composta por máis de 200 pezas entre as que se atopan libros, publicacións, carteis, programas de man e fotografías

A exposición inaugúrase con motivo do Día das Bibliotecas e poderá visitarse ata o vindeiro 31 de maio

22/10/2025

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás a exposición fotográfica Contemos Multitudes. Dano Cerebral Adquirido: onde as cousas volven a estar ben, que propón visibilizar a realidade das persoas que conviven con esta discapacidade. A iniciativa,  liderada por Dano Cerebral Galicia, conta co apoio da Xunta de Galicia a través das Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e de Política Social e Igualdade.

17/10/2025

Mondoñedo (Lugo), 17 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, enxalzou hoxe “o legado de Xosé Vizoso como embaixador das San Lucas e da cultura galega”. Fíxoo na presentación do libro Xosé Vizoso. Sempre coas San Lucas en Mondoñedo no marco dunha homenaxe colectiva ao artista.

17/10/2025

O director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, anuncia esta intervención destinadas a seguir coa investigación e revalorización deste importante xacemento

As actuacións amplían as xa realizadas o pasado ano pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cun investimento de máis de 17.800€

As sondaxes poranse e marcha ao abeiro das 81 accións que o Goberno galego levará a cabo 2025 en toda Galicia, 14 delas na provincia da Coruña con 217.000 euros