Busca

Páxinas

03/10/2024

A carteleira inclúe a estrea de ‘Lémbrame. Spominaj na mnje’, coprodución do Centro Dramático Galego co Bauzten Theater alemán e a compañía galega Alakrán no marco do proxecto europeo Phōnē

Terán lugar 60 funcións a cargo dunha trintena de compañías de oito países

É unha das 12 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria de subvencións a festivais escénicos

02/10/2024

Madrid, 2 de outubro de 2024

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, participou hoxe en Madrid nunha reunión previa do comité de selección de AIEn ruta Artistas, o circuíto nacional de distribución de música que impulsa e coordina a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE) xunto a distintas entidades colaboradoras públicas e privadas de todo o territorio español.

24/09/2024

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta que estes estudos permiten preservar a historia, a identidade e os valores das sociedades

Destaca a aposta do Instituto do Patrimonio Cultural de España por que Galicia fose anfitrioa desta xornada 

Defende o recoñecemento específico da investigación en conservación do patrimonio dentro dos plans de I+D+i 

10/09/2024

Lugo, 10 de setembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos de renovación da instalación eléctrica e de son que veñen de rematar na igrexa de Pedreda, en Lugo.

O Goberno autonómico, a través do INEGA, investiu máis de 14.300 euros nesta actuación, que incluíu a substitución do cableado, a caixa e o cadro de acometida, a reparación das lámpadas ornamentais e maila renovación da megafonía e o lampadario electrónico.

08/09/2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asistirá esta tarde no Palacio da Ópera á representación de La Bohème de Giacomo Puccini, concerto que inaugura a 72ª edición

29/08/2024

Recibe unha subvención de máis de 240.000 euros a través da convocatoria de axudas á produción audiovisual da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Setemedia coproduce xunto á compañía lusa Coral Europa este ‘thriller’ xornalístico, creado por Irene Pin e protagonizado por Cristina Castaño

29/08/2024

‘H+E’ é un proxecto artístico interactivo co que a creadora visual Isabel Merchante e o crítico e comisario Óscar Manrique renden tamén tributo á amizade que uniu aos arquitectos Peter Eisenman e Jonh Hejduk

Foi escollida como vencedora entre 12 propostas candidatas ao Concurso de Intervencións Artísticas que cada ano se convoca entre os participantes no Encontro de Artistas Novos e que conta co apoio da Fundación Banco Sabadell

17/08/2024

Busca que a cidadanía tome consciencia do custo que terían se estas prestacións fosen xestionados de maneira privada e tivesen que pagar por elas

Un estudo recolle que os galegos consideran que aforran 17,89 € ao mes por estes usos grazas á implicación da Administración autonómica

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia atendeu no 2022 máis de 800.000 usuarios e puxo a disposición da cidadanía máis de 7 millóns de documentos

16/08/2024

Trátase da penúltima parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia

A praza Conde Fontao acollerá ata o luns 19 de agosto propostas, como espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e sesións de teatro infantís

Todas elas están inmersas no ‘CulturON’, o programa de actividades da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o verán

10/08/2024

Na convocatoria, dotada con 200.000€, inclúense catro empresas editoras que teñen sede en Galicia