Busca

Páxinas

  • Logo do circuíto Cinemas de Galicia
27/10/2014

Arranca en novembro en As Pontes, Foz, O Carballiño e Sanxenxo con 1.232 novas butacas e co obxecto de incrementar as posibilidades de distribución dos títulos galegos

Nesta fase inicial, os programadores dos espazos municipais adscritos elaborarán unha primeira carteleira bimestral a partir dun catálogo de 18 películas, 11 delas fitas galegas estreadas desde xullo de 2013

  • Cartel Curtocircuíto 2014
25/09/2014

A sección oficial reestrutúrase este ano nos programas Radar e Explora, que inclúen catro estreas mundiais e 27 fitas inéditas en España

Créase o novo apartado Planeta GZ, no que un total de nove curtas galegas competirán en tres categorías
 

  •  Os sons do vento que pasa
07/08/2014

Gonçalo Guerreiro e Dani Pais actúan no ‘Ribeiro Blues WinesFestival’ que organiza o concello ourensán en colaboración con 18 adegas e coa D.O. Ribeiro

O domingo chegan a Muíños e seguirán de xira todo o mes ampliando a oferta de ocio en vilas da Rede de Dinamización Lingüística

09/08/2026

O festival chega á súa décimo cuarta edición cun programa que aposta polo talento das compañías galegas

Maxia, clown, novo circo, música e teatro conforman unha proposta que culmina a programación estival da Cidade da Cultura

Con acceso libre e de balde, as actividades desenvolveranse entre as 17,00 e as 20,00 horas ao abeiro da programación ‘Para gustos, cultura’ impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

24/07/2026

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tomou parte hoxe, na véspera do Día de Galicia, da reunión do Consello de Administración do Consorcio de Santiago, na que participou como representante do Goberno galego xunto con membros do Executivo central e do Concello.

12/06/2026

O programa internacional de pedagoxía do audiovisual, organizado por A Bao A Qu e coordinado en Galicia pola cinemateca da Xunta, contou nesta edición coa participación de 113 estudantes e 17 docentes de catro centros galegos

As películas foron realizadas por centros educativos de Ribadavia, Cerdedo-Cotobade, Cangas de Morrazo e Mesía co acompañamento dos cineastas Carmen Méndez, Fon Cortizo, Sebastián Uría e Alejandro Tarraf

04/05/2026

Permanencia do efémero, comisariado por Miquel Martí Freixas e en colaboración co festival Punto de Vista, reúne cinco sesións arredor de pezas que abordan a volatilidade das contornas dixitais

A colaboradora habitual de Chantal Akerman participará o 22 de maio nun encontro no que presentará a proxección de D’est

A carteleira inclúe novas restauracións de Víctor Ruppen, o peche da retrospectiva dedicada a Fassbinder e a continuación do cinema sobre poscolonialismo a través de Territorios mutantes

04/05/2026

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a biblioteca municipal de Narón para informar da nova convocatoria de axudas que chegou o pasado ano a 14 concellos da Delegación

Esta orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten aberto o prazo de solicitude ata o 4 de xuño

06/04/2026

Entre os 17 espectáculos finalistas figura a produción do Centro Dramático Galego ‘A serie clopen’, con 10 candidaturas 

A  cerimonia de entrega dos galardóns estará dirixida por Gloria Rico e recoñecerá co premio Marisa Soto a traxectoria da actriz Luma Gómez

30/03/2026

A convocatoria de axudas para espazos musicais de titularidade privada distribúe 358.586 euros para o bienio 2026-27 e permitirá desenvolver unha actividade continuada de actuacións a través de proxectos deseñados por empresas do sector

O proceso de avaliación destaca a calidade artística das propostas presentadas, o protagonismo das mulleres na escena musical e a solvencia das entidades promotoras como piares do éxito da convocatoria