Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- …
- seguinte ›
- última »
Sintetizadores, pop e melodrama son as cartas de presentación coas que Futurachicapop animará o último solpor musical na Cidade da Cultura
O compostelán Kike Varela pechará o día cunha sesión especial con convidados como o dúo de trap Boyanka Kostova, o grupo Lontreira, na súa única actuación en directo deste ano, ou o gaiteiro Puga e a cantante Gloria Cespón
O concerto habilitará un punto de accesibilidade auditiva onde se contará con intérprete en lingua de signos e mochilas vibratorias
Os traballos, cun investimento de máis de 550.000 €, céntranse en reparar as patoloxías producidas polo paso do tempo na cuberta da ábsida e nas fachadas
O representante da Consellería de Cultura salienta “o compromiso coa conservación do patrimonio da cidade, preservando a riqueza cultural en toda Galicia”
‘Plastic biontes’ é unha creación do colectivo Basurama que nos convida a repensar que o lixo non sexa só un residuo, senón tamén unha ferramenta creativa e crítica
Anxo M. Lorenzo salienta que proposta “conxuga arte, ecoloxía e arquitectura viva nunha necesaria reflexión sobre as nosas dinámicas de consumo”
Trátase da primeira intervención artística en Santiago do colectivo Basurama, que ten colaborando co Museo Reina Sofía ou o Victoria & Albert Museum, entre outros
A organización ten concretado un intenso calendario de xuntanzas entre compañías galegas e representantes de festivais, circuítos e espazos de exhibición de toda a península co fin de impulsar a contratación dos espectáculos producidos en Galicia
Un total de 225 integrantes do sector participan nesta 12ª edición do encontro, que comparte co público xeral as funcións de teatro, danza e circo programadas
A delegada participou nun encontro de traballo coa representante da entidade Fernanda Flores Méndez
Quiroga (Lugo), 30 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na XXV Mostra do Aceite de Quiroga onde destacou a “gran riqueza cultural, paisaxística e gastronómica” que atesoura toda a área da Ribeira Sacra, lembrando a candidatura presentada polo Goberno galego ante a Unesco para ser declarada Patrimonio Mundial no 2026.
A iniciativa forma parte do programa formativo Galicia ProFilme da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que abre unha nova sección na Filmoteca de Galicia
José Luis Cienfuegos é o convidado inaugural para levar a cabo o próximo 17 de marzo a primeira sesión de ‘Luns na Filmoteca’
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, para abordar asuntos da súa área, que teñen que ver coa actividade cultural vencellada á institución relixiosa e a posta en valor do seu patrimonio artístico.
Lugo, 5 de marzo de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o domingo 6 de abril o festival Primaveira de Voces Xoves, no que actuarán os coros xuvenís de Lugo, O Rosal e Campo Lameiro.
O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con Pablo Rico, presidente do Coro Xuvenil lucense e impulsor do evento, para avanzar na organización deste evento e estudar outras posibles colaboracións. As actuacións terán lugar no salón de actos do edificio administrativo a partir das 19.00 horas.
A Estrada (Pontevedra), 4 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a “diversidade e riqueza para o patrimonio inmaterial” de Galicia das diferentes celebracións existentes do Entroido galego, que acaba de ser recoñecido pola Xunta como Ben de Interese Cultural. Fíxoo durante a súa asistencia ao Encontro e Vivas dos Xenerais da Ulla de Cousos, que ademais ten consideración de Festa de Interese Turístico de Galicia.









