Nova: Anxo M.Lorenzo enxalza o legado de Xosé Vizoso como “embaixador das San Lucas e da nosa cultura”

17/10/2025

Anxo M.Lorenzo enxalza o legado de Xosé Vizoso como “embaixador das San Lucas e da nosa cultura”

Mondoñedo (Lugo), 17 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, enxalzou hoxe “o legado de Xosé Vizoso como embaixador das San Lucas e da cultura galega”. Fíxoo na presentación do libro Xosé Vizoso. Sempre coas San Lucas en Mondoñedo no marco dunha homenaxe colectiva ao artista.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o papel do ilustrador e caricaturista “na difusión das nosas tradicións e da nosa cultura”. Vizoso creou 17 carteis para as San Lucas mindonienses, sen contar o da edición de 2025 para o que o seu fillo, Daniel Vizoso, sintetizou coa técnica da colaxe debuxos elaborados polo seu pai. No marco desta homenaxe, inaugúrase tamén hoxe a exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo, que permanecerá aberta ao público ata finais deste ano, e que a Xunta lle cede en propiedade ao concello de Mondoñedo.

Comparte