Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1065
- 1066
- 1067
- 1068
- 1069
- 1070
- 1071
- 1072
- 1073
- …
- seguinte ›
- última »
A Agadic apoia os músicos emerxentes a través da colaboración co concurso SonidosMans da Fundación Paideia
Solistas e bandas terán a oportunidade de gravar nos Estudios Mans e de formar parte do cartel artístico de oito dos principais festivais galegos de música
O prazo de presentación de traballos, que han de ser inéditos en letra e música, está aberto ata o 6 de abril
O Padroado da Cultura naronés é unha das entidades asociadas ao circuíto da Agadic, dentro do que programará 19 espectáculos durante este semestre
A nova obra da compañía Berrobambán, que aborda temas como a morte, o medo e a memoria, preséntase ao público este venres 17 de marzo no Pazo da Cultura
O 12 de maio Ses e a súa banda tocarán neste mesmo escenario dentro da súa xira ‘Readmirando a condición’
O conselleiro, Román Rodríguez, e mailo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinaron un convenio que atinxe ao centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do baixo Miño
A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa
O tenor Cesáreo Torres coordina o libro CD, presentado hoxe en Vila de Cruces, no que participaron Susana de Lorenzo, Alejo Amoedo, Pablo Barreiro, Juan Durán, Margarita Viso, Paulino Pereiro, Javier Comesaña, María Mendoza, Luis Reimóndez e Irene Silva
Cultura convoca unha orde de subvencións de 195.000 euros dirixida aos concellos para a realización destas actividades nas bibliotecas municipais
As axudas pódense solicitar ata o día 6 de abril e o período de programación das actividades remata o 30 de outubro
A Cidade da Cultura lanza CREAGAIÁS para potenciar e pór en valor proxectos emprendedores do sector creativo
O Centro de Emprendemento do Gaiás organiza o vindeiro 13 de abril unha xornada lúdico-formativa que incluirá un obradoiro, un mercado creativo, ademais dun faladoiro e un concerto acústico con Miren Iza, cantante do grupo Tulsa
Nesta primeira edición, CREAGAIÁS pon o acento na imaxe e en como empregala de forma creativa e eficaz a través das redes sociais
A iniciativa, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, enmárcase no programa de formación continua no eido audiovisual Galicia ProFilme
José Luis Rebordinos ofreceu unha charla-coloquio sobre as oportunidades que brinda o certame donostiarra e mantivo reunións individuais sobre proxectos galegos
O director da Agadic visitou en Ordes o plató que está a acoller a filmación do novo proxecto da produtora galega coa catalá Ombra, adxudicatario dunha subvención da Xunta de Galicia de máis de 238.000 euros
Eddie Marsan, Paul Anderson e Ivana Baquero encabezan o reparto deste thriller rodado en inglés, primeira longametraxe do director Pedro C. Alonso
O director da Agadic e o presidente do cineclub asinaron esta mañá o convenio polo que Ourense repite, por quinto ano consecutivo, como sede da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe
El orden divino, sobre o movemento feminista suízo nos anos setenta, protagoniza hoxe a primeira das trece sesións que terán lugar entre marzo e abril na Biblioteca Pública Nodal









