Busca

Páxinas

  • O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística prosegue o seu percorrido polas localidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística coas actividades Augalingua e mais Os Bolechas e o Sabichón
04/07/2014

O programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística prosegue o seu percorrido polas localidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística coas actividades Augalingua e mais Os Bolechas e o Sabichón

Tras achegar a dramaturxia na nosa lingua a preto de 2.000 persoas nas 22 vilas que visitou desde abril, a obra de teatro infantil As fabas máxicas retomará a súa xira no marco do FalaRedes en setembro
 

02/07/2014

A exposición, que se inaugura hoxe no pazo de Torrado e conmemora o 125 nacemento do escultor, ofrece un percorrido polas obras menos coñecidas do artista cambadés

O conselleiro explicou que na mostra revélanse “aspectos descoñecidos, mesmo inéditos, da traxectoria creativa de Asorey”

02/07/2014

O Museo de Belas Artes acollerá a presentación deste traballo que enxalza e valoriza a poesía galega a través da música de destacados compositores españois

O departamento que dirixe Xesús Vázquez colaborou coa publicación do proxecto, froito da labor realizada pola soprano Begoña Salgueiro e o pianista Brais González

Os dous artistas interpretarán dúas das pezas do volume durante o acto

02/07/2014

Santiago, 2 de xullo.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañou hoxe ao pintor dominicano Iván Tovar na súa visita á Cidade da Cultura de Galicia, en cuxo libro de honra asinou.

02/07/2014

O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de entrega, tras o que a visitou a mostra ‘Silleda no s XIX’, coa que tamén colabora a Consellería e que ten recibido xa máis de 700 visitas

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou hoxe o Museo do Traxe Folclórico
01/07/2014

A iniciativa fraguouse grazas a un acordo entre a Consellería de Cultura e Educación, a Deputación de Ourense e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)

O centro expón traxes, teares e todos os instrumentos empregados na confección do liño, para facer chegar a cultura galega a todos os recunchos do territorio, reactivando a economía tanto social como cultural

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e varios cargos da Consellería, reuníronse hoxe coa Asociación Galega de Editores
01/07/2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e varios cargos da Consellería, reuníronse hoxe coa Asociación Galega de Editores.

  • ‘La última película’
30/06/2014

‘La última película’, de Mark Peranson e Raya Martín, é a derradeira cita dunha extensa carteleira que estreou en Galicia destacados títulos do cinema independente internacional e presentou unha trintena de novos traballos galegos

Entre as novidades deste período destaca a incorporación do CGAI á rede estatal Circuíto de Cine Independente, así como a organización en Ourense da primeira extensión da súa programación fóra da Coruña

  • O conselleiro de Cultura e Educación na entrega do Premio Trasalba
29/06/2014

O autor recibiu a distinción pola súa significación na literatura infantil e xuvenil e as súas achegas á lingua e á pedagoxía

29/06/2014

O quinteto liderado por Ricardo Saavedra encargarase de animar a festa de presentación do ciclo da Cidade da Cultura na praza do o vindeiro xoves día 3

A cuarta edición de ‘Atardecer no Gaiás’ terá 24 actuacións de balde durante os xoves, venres e sábados de xullo e agosto, con bandas como Grampoder, Talabarte, María Rodes, Los Punsetes ou La Maravillosa Orquesta del Alcohol