Busca

Páxinas

  • Festival infantil de curtas ‘Pequefilmes’
30/12/2016

Un total de 40 curtametraxes, dirixidas a rapaces de entre 5 e 12 anos,proxectaranse de forma gratuíta no Museo Centro Gaiás

O público poderá valorar cada unha das curtas visionadas, outorgando un premio ás historias con máis votos

Tamén haberá obradoiros formativos para descubrir o funcionamento do cine de animación. As entradas xa están á venda a un prezo de 3€
 

22/12/2016

Román Rodríguez asistiu ao acto oficial de apertura, no que salientou que neste novo espazo tamén teñen cabida as novas tecnoloxías e o encontro cidadán

A Consellería achegou 40.000 euros a este espazo
 

17/12/2016

Foi galardoado pola súa obra Se pedra na brétema

17/12/2016

O proxecto itinerante impulsado conxuntamente por Cultura e mais pola Casa-Museo Manuel María despide a programación conmemorativa das Letras Galegas 2016 da Xunta logo de visitar desde maio trece puntos da xeografía galega para achegarlle á cidadanía a figura, a vida e a obra do autor chairego

  • ‘Cousas que trouxo a chuvia’
17/12/2016

Roberto Salgueiro é o autor e director da nova montaxe escénica da Universidade de Santiago, que se representará no Salón Teatro o luns 19 e o martes 20

Julia Ammerman, Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López interpretan esta peza sobre as historias cotiás dun grupo de mulleres reunidas nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover
 

17/12/2016

A catedrática de Lingua Española Dianella Gambini foi a encargada de conducir ao público pola traxectoria literaria de Valle-Inclán e algúns dos seus personaxes. Tras ela, Saúl Puga e Pablo Seoane interpretaron o concerto ‘Fake’

Nexos 2017 comezará o 28 de xaneiro cunha sesión dedicada ao aforismo para a que se abren inscricións en cidadedacultura.gal o luns, 19 de decembro

O vindeiro ano tamén haberá sesións dedicadas á crise de Europa, á figura da artista Maruja Mallo e ao legado arquitectónico da Escola de Porto
 

16/12/2016

Baixo o título ‘Il Mare (1996-2016)’, a mostra reúne unha selección de obras da artista viguesa realizadas nas últimas dúas décadas

16/12/2016

Tras a función que terá mañá lugar ás 21.00 horas no Auditorio Municipal cangués, a versión galega do clásico de Molière concluirá o seu periplo o día 30 en Ferrol

O galardoado Carles Alfaro dirixiu esta produción do CDG, que reflexiona sobre a impostura e a manipulación

14/12/2016

No acto de entrega, no que tamén se presentou a obra gañadora editada por Galaxia, participou o secretario xeral de Política Lingüística

O premio, que promove e reforza a creación literaria en galego, convócano a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Fundación Repsol

14/12/2016

Programación para gozar en familia en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Gadis e a TVG