Busca

Páxinas

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu á gala de entrega dos XXII Premios de Teatro María Casares
22/03/2018

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu á gala de entrega dos XXII Premios de Teatro María Casares, acompañado do director da Agadic, Jacobo Sutil. O evento foi organizado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia e celebrouse no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

 

19/03/2018

O acto de comezo das conmemoracións foi unha conferencia de Darío Villanueva

O relator, actual presidente da RAE e, no seu día, primeiro director técnico da área de literatura do centro de investigación adscrito á Xunta de Galicia, disertou sobre o tema A voltas coa posverdade

O secretario xeral de Política Lingüística conduciu este acto co que botou a andar o programa académico que, de marzo a novembro, celebrará os 5 lustros de existencia do Centro Ramón Piñeiro

  • Imaxe: web da Cidade da Cultura
19/03/2018

O director da Agadic, que apoia o certame, e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares asinaron o convenio de colaboración que lle dá continuidade a este certame para propiciar o intercambio entre as novas xeracións de músicos

O encontro, para o que se abrirá o prazo de inscrición do 2 ao 20 de abril, terá lugar o 8 de xullo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia

16/03/2018

Feijóo refírese á exposición como unha consecuencia do espírito creativo aberto, integrador e fértil dos galegos

Subliña que esta escolma de 192 obras é un tesouro onde o visitante non se notará estraño senón que se sentirá interpelado por calquera dos 119 creadores plásticos

Traslada os parabéns a Abanca, á Consellería de Cultura, ao Museo Gaiás, aos responsables da montaxe e aos artistas que protagonizan a que é a maior exposición de arte galega realizada ata o momento

  • Escenario do Teatro do Andamio | Imaxe: Teatro do Andamio
15/03/2018

Gurugú, Teatro del Andamio, Ingrávida, Ártika e Teatro Ensalle son as beneficiarias en 2018 desta convocatoria anual de subvencións da Agadic para locais privados dedicados á exhibición de artes escénicas

O apoio a este tipo de espazos compleméntase coa actividade da Rede Galega de Salas, financiada pola Xunta e da que forman parte catro das subvencionadas

14/03/2018

Conta co apoio da Consellería de Cultura

O Teatro Principal de Santiago acollerá do 21 ao 24 de marzo este I Festival de Poesía para o Corpo Principal, baixo a dirección artística de Antón Lopo

Valentín García participou este mediodía na rolda de prensa de presentación deste encontro no que se darán cita, entroutras, María Xosé Queizán, Olga Novo, Salvador García Bodaño, Lupe Gómez, Luísa Castro, Estíbaliz Espinosa, Andrew McMillan, Olvido García Valdés e o Niño de Elche

  • Foto Turismo.gal
14/03/2018

Tamén se acometerá a restauración da ponte Pedriña (Celanova) e da ponte de Casal (Entrimo)

O conselleiro de Cultura e Educación asinou os respectivos convenios de colaboración cos alcaldes de Montederramo, de Celanova e de Entrimo

 

  • Cartel do Día das Letras Galegas 2018
14/03/2018

A Xunta, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura deseñaron un ambicioso conxunto de iniciativas para dar a coñecer a figura desta escritora e profesora que, malia non ser galega de nacemento, destacou polo seu labor a prol da lingua e da literatura galegas

Un dos eventos máis salientables é a exposición central itinerante das Letras, configurada como unha galería de retratos de personaxes e paisaxes dos libros da autora, que arrancará en Compostela a finais de abril e percorrerá outros dez concellos das catro provincias

  • Foto Wikipedia
14/03/2018

A Xunta convida aos escolares lucenses a participar no programa de visitas guiadas ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda, en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, puxo en valor o programa de restauración e mantemento deste templo de orixe tardo romana único no occidente europeo e no que se ten investido preto dun millón de euros

O monumento esta aberto para o público en xeral de martes a sábado en horario de 10.00 a 15.00 horas. Ademais pódense concertar visitas fóra deste horario para grupos, cun mínimo de sete persoas

13/03/2018

'Este Vaise' promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco co apoio da Xunta