Busca

Páxinas

  • Unha imaxe do ecomuseo | Foto museoetnografico.net
18/04/2018

O conselleiro de Cultura presenta o libro A Casa do Patrón. O gran ecomuseo do mundo rural galego

Destaca que esta novidade editorial vai converterse nunha referencia no eido da etnografía

18/04/2018

A Master Class do Audiovisual Galego Augal clausura a súa sétima edición, na que participaron 200 alumnos

Esta nova entrega da iniciativa celebrouse desde novembro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra arredor de nove xornadas sobre diferentes ámbitos profesionais do cine e da televisión

O guionista Miguel Barros abriu a última sesión cunha conferencia na que analizou a relación entre o cinema e a literatura

 

18/04/2018

O CDG inicia mañá os Encontros co Público do equipo do espectáculo Divinas Palabras Revolution

Os espectadores que acudan ás funcións dos xoves no Salón Teatro terán a oportunidade de compartir impresións co elenco da nova montaxe da compañía pública, que se pode ver en Santiago ata o 29 de abril

Con esta produción, o Centro Dramático Galego puxo en marcha os Domingos de Conciliación para que os nenos e nenas poidan gozar dun obradoiro de artes escénicas na Fundación Granell mentres os seus maiores asisten á representación

 

18/04/2018

Ferrol, 18 de marzo de 2018.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, debullou hoxe polo miúdo os ámbitos de actuación, obxectivos e fases da Estratexia da Cultura Galega 2021, no marco do ciclo os Almorzos no Parador, un encontro con medios de comunicación e representantes sociais e empresariais da comarca, organizado polo Club de Prensa de Ferrol.

  • O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá a exposición “Camiño a Viena”
17/04/2018

Ovidio Rodeiro visitou a exposición O Camiño a Viena con 48 debuxos de 22 escolares de todo o mundo na Biblioteca Anxo Casal de Santiago

O delegado territorial da Coruña estivo acompañado polo Presidente da Fundación Paz e Cooperación, Joaquín Antuña, organizadora desta actividade

A exposición ten como obxectivo reflectir os valores compartidos e os ideais de Nacións Unidas para conseguir un mundo non violento, xusto e solidario

17/04/2018

A Xunta iniciará a mediados deste ano a contratación das obras para mellorar, conservar e embelecer o Camiño Inglés, á súa entrada a Compostela 

Vázquez Mourelle subliña que no Camiño Inglés se ampliará ámbito de actuación, pois ademais de no treito programado entre o polígono do Tambre e o cemiterio de Boisaca, os traballos estenderanse ata o cruce de Meixonfrío

Explica que esta ampliación busca ofrecer unha mellor resposta ás necesidades dos peregrinos, sempre compatibilizada coa actividade empresarial que se desenvolve nesta área

17/04/2018

O Gaiás convida as familias a gozar este sábado dunha divertida tarde en familia e ao aire libre con Cidade Imaxinaria Primavera

Trátase dunha xornada gratuíta, que encherá a Cidade da Cultura de diversión con espectáculos, música, obradoiros e xogos polo Día Internacional do Circo

Grandes e pequenos gozarán de catro horas ininterrompidas de actividades con zonas para o descanso e postos de petiscos e larpeiradas para a merenda

  • O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia acolle dende mañá e ata finais de 2018 unha retrospectiva case completa do realizador sueco Ingmar Bergman
16/04/2018

A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos poderá verse dende hoxe e ata finais de ano, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes e continuando en maio coa célebre O sétimo selo

  • ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación’ recibe máis de 7.000 visitas en só un mes de exhibición
16/04/2018

A Cidade da Cultura inaugurou o 16 de marzo esta mostra que reúne 192 obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos

Trátase da exposición máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega, que permite comprender a súa dimensión universal

 

  • Foto Turismo de Galicia
16/04/2018

A Xunta incoa o expediente para declarar ben de interese cultural a Terraza de Sada

Aplícase de forma inmediata e provisional a protección establecida para estes bens na Lei do Patrimonio Cultural