Busca

Páxinas

06/06/2018

Sondeseu, unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea, basea o seu repertorio en temas da tradición oral popular galega

Presentará no Gaiás seu espectáculo Arraianos, que fusiona o son tradicional galego de SondeSeu con outras músicas da escena folk da Península Ibérica

O concerto terá lugar o venres 22 de xuño ás 21 horas na Praza Central da Cidade da Cultura e con entrada libre e de balde

  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal
05/06/2018

A mostra narra a historia do conto do mesmo título, desde a súa creación no obradoiro artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral ata a súa publicación por Galaxia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na inauguración do proxecto expositivo, que permanecerá ata o día 30 de xuño na cidade

  • Foto: Wikipedia
04/06/2018

Cun prazo de execución de 4 meses, os traballos teñen como obxectivo cambiar a actual cuberta por unha nova de madeira para recuperar a imaxe orixinal do templo

01/06/2018

Tras rematar coa restauración da casa dos Cóengos, nestes momentos os traballos céntranse na cuberta da basílica e o claustro

01/06/2018

Anxo Lorenzo saúda os 350 participantes de No bico un cantar como a semente do noso futuro musical

Alumnado de estudos musicais toda Galicia cantaron alalás en Betanzos, nun concerto promovido pola Consellería de Cultura e Educación e polo Consello da Cultura Galega, co apoio do Concello

22/05/2018

O secretario xeral de Cultura participou na sétima edición da iniciativa, que se celebrou na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, en Vila Real (Portugal)

Trátase dun proxecto conxunto entre a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para favorecer o diálogo entre as culturas galega e portuguesa
 

21/05/2018

Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático

A convocatoria estará aberta ata o 22 de xuño

Mantense a axuda de 250 euros para o alumnado matriculado en educación especial
 

18/05/2018

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes da Banda Municipal de Música de Silleda e da Banda La Lira de Ribadavia, aos que confirmou o apoio do seu departamento á participación das dúas formacións musicais no Certame Internacional de Bandas de Música Cidade de Valencia. En concreto, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia sufragará o importe do transporte no que viaxen ao concurso.

18/05/2018

A mostra No Museo, pola cara é o resultado dun obradoiro fotográfico impartido por Tamara de la Fuente, colaborada de festivais como PlayDoc ou Curtocircuíto

O Día dos Museos celébrase ata o sábado e ten como protagonistas as visitas comentadas en 13 formatos diferentes: online, en maratón, familiares ou nocturnas

O conselleiro de Cultura pon en valor esta efeméride xa que permite recordar a importancia dos museos como ferramentas ao servizo da sociedade
 

17/05/2018

Boqueixón (A Coruña), 17 de maio de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de darlle, está mañá, o pistoletazo de saída á V edición da Carreira Camiño das Letras coa que se conmemorou o Días das Letras Galegas a través do deporte e poñendo en valor o noso patrimonio do Camiño de Santiago. Posteriormente participou, acompañado polo Director Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitaven, na entrega de premios que tivo lugar na Cidade da Cultura.