Busca

Páxinas

12/06/2017

O programa de hoxe inclúe os últimos espectáculos de Teatro Ghazafelhos, Las Tricotouses, Eme2 Producións, Sarabela Teatro e Ánxela Blanco, ademais dun concerto especial de Píscore

A Agadic organiza a quinta edición do mercado galego de artes escénicas, no que están a participar 160 profesionais de toda Galicia e do resto da Península
 

  • Imaxe do espectáculo
12/06/2017

Na primeira xornada do encontro, que se desenvolverá ata o xoves en Santiago, actuarán Caramuxo Teatro, Mago Teto, Nao D’Amores, Teatro do Noroeste e Elefante Elegante

O acceso do público a estas representacións é gratuíto, ata completar a capacidade das salas e previa retirada das entradas no despacho de billetes correspondente desde unha hora antes do comezo da función

08/06/2017

As Feiras do Libro de Galicia chegan ao municipio pontevedrés coas últimas novidades editoriais e cun programa de máis de 20 actividades ata o 11 de xuño

A Federación de Librarías de Galicia e a Secretaría Xeral de Cultura promoven este ano 16 citas co libro ata o próximo mes de agosto co fin de favocer a lectura e o comercio editorial
 

08/06/2017

O conselleiro de Cultura e Educación presentou a quinta edición do mercado, organizado pola Agadic, que terá lugar do 12 ao 15 de xuño en catro espazos de Santiago

Exhíbense 17 producións galegas e dous de Castela e León, para as que a entrada é libre en función da capacidade dispoñible tras o acceso dos acreditados

Na sesión de presentacións en formato ‘pitching’, outras 10 compañías ofreceranlles aos programadores asistentes un avance dos seus próximos proxectos
 

08/06/2017

Tomás Alonso, Elías Cueto, Luis Gil Pita e Xulio Turnes de Domohomo reflexionan na Cidade da Cultura sobre a innovación, a internacionalización e a tradición do deseño de mobiliario en Galicia

As xornadas finalizan mañá abordando o deseño desde o punto de vista da industria coa presenza do Clúster da Madeira, da formación coa EASD Mestre Mateo e da empresa con Martínez Otero
 

06/06/2017

‘Cancións para nenas e nenos’, décimo terceiro traballo discográfico de María do Ceo, presentouse no Pazo de San Roque

Con prólogo de Xavier Casares, está dedicado a Xosé Neira Vilas e a Suso Vaamonde

02/06/2017

Alumnado dos conservatorios de música profesional homenaxeou esta tarde a Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño na quinta edición de ‘No bico un cantar’, un programa promovido polo Consello da Cultura Galega co apoio do Goberno galego

O secretario xeral de Cultura aplaudiu “o esforzo e a paixón que os rapaces e rapazas de toda Galicia están a poñer nos seus estudos e na práctica musical”
 

02/06/2017

Estes traballos de redefinición e mellora comezarán a vindeira semana e durarán ao redor de seis meses durante os cales o Museo Camilo José Cela estará pechado ao público

01/06/2017

No acto de entrega tamén se presentou a publicación do poemario, que acaba de ver a luz na colección Arte de Trobar

Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación promoven este certame, dotado con 6.000 euros e a edición da obra gañadora
 

26/05/2017

A película de José Luis García Sánchez poderá verse na Filmoteca de Galicia con entrada gratuíta para o público