Nova: A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal

05/06/2018

A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal

A mostra narra a historia do conto do mesmo título, desde a súa creación no obradoiro artístico do centro residencial da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral ata a súa publicación por Galaxia

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na inauguración do proxecto expositivo, que permanecerá ata o día 30 de xuño na cidade

  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal
  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal
  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal
  • A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal A exposición Elisa no mundo das marabillas chega á biblioteca de Santiago Ánxel Casal

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.- A Biblioteca Pública de Santiago de Ánxel Casal acolle desde hoxe e ata o vindeiro 30 de xuño a exposición Elisa no mundo das marabillas, a historia do proceso creativo tras un conto elaborado no obradoiro artístico do centro residencial de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), publicado despois pola editorial Galaxia.

“A arte é, por natureza, inclusiva. Todas e todos podemos gozar da arte, da cultura. Como espectadores e como creadores. Creando cun fin, coma neste caso, para facer visible un colectivo de persoas con parálise cerebral, con forza e vitalidade, capaces de conseguir o que se propoñen cando o seu obxectivo é a superación persoal”, destacou o secretario xeral de Cultura durante a presentación da mostra, que, tras o seu paso polas bibliotecas públicas de xestión autonómica Antonio Odriozola de Pontevedra e Juan Compañel de Vigo, chega agora á de Santiago de Compostela.

Na inauguración estiveron tamén a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González; a xerente de APAMP, Concepción Somoza; a concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, Concepción Fernández; a monitora do obradoiro artístico de APAMP, Fedra Alcaraz; a autora do conto, Diana Comesaña, e o director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Jesús Torres. O acto completouse co contacontos Elisa no mundo das marabillas, que foi interpretado por catro dos seus autores.

A viaxe de Elisa

As 30 persoas con parálise cerebral que viven no centro residencial de APAMP en Vigo crearon e ilustraron a historia de Elisa, unha moza que sae a percorrer o mundo na súa casa con rodas. O obxectivo era compartilo co alumnado do veciño CEIP Alfonso Castelao de Vigo co gallo do Día do Libro do ano 2015, para que os nenos e nenas dese centro comprendesen mellor a realidade destas persoas. Dous anos despois, e da man da editorial Galaxia, o conto faise libro e sae á venda nas librerías de Galicia. “Despois de máis de tres anos, a viaxe de Elisa continúa”, dixo Anxo Lorenzo, e plasma “a vitalidade e a forza de todas as persoas con parálise cerebral que puxeron parte súa nela”.

Comparte