Busca

Páxinas

29/11/2018

Ourense, 29 de novembro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do novo traballo discográfico Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano, que conmemora o 125º aniversario do nacemento do compositor ourensán José Fernández Vide coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.

28/11/2018

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, promoveu a participación da comunidade autónoma na candidatura conxunta da pedra seca, liderada por Chipre e Grecia e que inclúe tradicións construtivas doutros seis países europeos

Trátase dunha técnica de construción tradicional que prescinde de calquera argamasa ou morteiro como alvarizas, curros, pendellos etc.

28/11/2018

Futuro animal poderá verse en Santiago o venres 30 dentro da terceira edición do encontro D10! de formación e innovación no circo, organizado por Pistacatro

O solo de coreografía e voz Toda a beleza do mundo escenificarase na sede do Centro Dramático Galego o sábado 1 e o domingo 2 de decembro

28/11/2018

A Xunta celebra o aniversario da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade cunha mesa redonda e unha exposición

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, convidou aos lucenses a asistir a “un relato de historia e natureza” en torno ao monumento

A cita terá lugar no salón de actos da Delegación Territorial o vindeiro sábado a partir das 11,30 horas

27/11/2018

A Axencia Galega das Industrias Culturais e o Instituto do Cinema e do Audiovisual luso contan coa colaboración do Subprograma MEDIA Portugal-Europa Criativa para esta cuarta edición, que se celebra o xoves no marco do festival Porto/Post/Doc

O foro trasládase por primeira vez ao país veciño e continúa incrementando o número de empresas acreditadas, que este ano acoden á cita con 74 proxectos

27/11/2018

Os autores e autoras Rosalía Fernández Rial, Manel Loureiro, Arantza Portabales e a ilustradora Macus Romero, difunden as súas obras con charlas e lecturas na cita profesional do sector editorial máis importante de Iberoamérica

Desde o pasado 24 de novembro ata o 2 de decembro a cultura galega está presente na trixésimo segunda edición da feira, cun stand de Galicia e cun programa de actos profesionais e para público xeral

26/11/2018

A Fundación Paideia conta coa colaboración da Agadic para o desenvolvemento deste concurso, que lles ofreceu aos gañadores a posibilidade de tocar en varios festivais galegos e de gravar un tema e un vídeo nos Estudios Mans da Coruña

As formacións pontevedresas Innertes e La Cloaka Sound & J.C.A. foron seleccionadas xunto a The Niftys (Albacete), The Dawlins (Madrid) e Doña (Navarra) entre as 330 propostas recibidas
 

23/11/2018

O OUFF conta co apoio da Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración 

22/11/2018

Román Rodríguez destaca a excelencia e capacidade de estímulo á creación en galego do galardón

O conselleiro de Cultura e Turismo participou na entrega da décimo sexta edición do premio

Afundación, a Xunta e o Centro PEN Galicia promoven este certame para alentar a creación poética e enriquecer a produción literaria en galego

  • Castelo da Concepción en Cedeira | Turismo.gal
22/11/2018

O Consello Territorial de Patrimonio da provincia de A Coruña informou favorablemente de proxectos e actuacións nos concellos de Cedeira, Betanzos, Ortigueira e Vedra