Busca

Páxinas

12/04/2019

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que poderán descargarse gratuitamente e “mellorarán a experiencia do turista máis esixente, que se interesa polo patrimonio e a cultura”

A iniciativa finánciase con cargo ao convenio polo que o Goberno galego achega 160.000 euros para a promoción turística da comarca

12/04/2019

A compañía pública ofrece este servizo gratuíto para que os cativos poidan gozar dun obradoiro impartido por Elea López na Fundación Granell de Santiago mentres os seus maiores asisten á representación do espectáculo no Salón Teatro

Gena Baamonde dirixe a nova produción propia do Centro Dramático Galego, que poderá verse en Santiago ata o 5 de maio

11/04/2019

Esta iniciativa do Centro de Emprendemento do Gaiás quere pór en valor o traballo das persoas emprendedoras das industrias culturais e creativas

No encontro foron entregados os premios ‘CreaGaiás’ ás mellores fotografías presentadas por ‘instagrammers’ e fotógrafos non profesionais

Anxo Lorenzo destacou a importancia de darlle “aos e ás emprendedoras do sector creativo espazos onde formarse, intercambiar experiencias e coñecer casos de éxito para enriquecer o seu traballo e axudarlles no seu percorrido”

11/04/2019

Feijóo explica que serán 200 persoas as que desenvolverán o seu labor no Fontán cando estea rematado

Salienta que este acordo reduce a cantidade a achegar por parte do Goberno galego para á súa construción
 

11/04/2019

Valentín García asistiu ao acto no que o estudantado amosou os coñecementos adquiridos en tres obradoiros organizados polos equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes

Rapaces e rapazas de segundo da ESO dos IES de Vilalonga e de Sanxenxo e do Colexio Abrente improvisaron as súas rimas seguindo as pautas de Lupe Gómez e de Josinho de Tareixa

11/04/2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña participou na inauguración da praza que levará o seu nome no centro comercial Marineda City

10/04/2019

A xornada forma parte do programa de actividades ao redor da exposición ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’

Na charla participaron representantes do Club Deportivo Lugo, a Fundación Real Club Deportivo e a Fundación Celta Integra, equipo que lidera La Liga Genuine Santander, na que compiten xogadores con discapacidade

O 25 de abril celebrarase outra actividade en homenaxe a clubs pioneiros galegos

10/04/2019

Desenvolverase no Pazo da Cultura carballés do 26 de abril ao 12 de maio coas actuacións de Fran Sieira, La Macana, Paula Quintas, Daniel Abreu e Entremans, e unha gala de peche dedicada ao baile tradicional da man de Xacarandaina

O director da Agadic, quen participou este mediodía no acto de presentación xunto ao alcalde e ao concelleiro de Cultura, destacou o valor deste programa na creación e fidelización de públicos para as propostas coreográficas
 

09/04/2019

Gena Baamonde dirixe a nova produción da compañía pública, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago ata o 5 de maio para iniciar despois unha xira de dous meses por varios escenarios galegos

As dúas pezas do espectáculo –Fantasía nº 5 en sol ou non’, de Esther F. Carrodeguas, e ‘Boisaca ou a divina desgraza’, de Roi Vidal Ponte– ofrecen dúas olladas diferentes sobre a identidade galega como eixo temático común

Ambos os textos son postos en escena por un elenco integramente feminino, que reúne 10 actrices de xeracións, formacións e traxectorias artísticas moi diferentes