Busca

Páxinas

  • Foto (c)  Academia Galega do Audiovisual
11/01/2018

Os Premios Mestre Mateo do audiovisual galego volven contar coa colaboración da Xunta para a súa 16ª edición

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais e o presidente da Academia Galega do Audiovisual asinaron hoxe un convenio para a posta en marcha do amplo programa de actividades vinculado a estes galardóns

10/01/2018

Agadic renova o seu apoio á asociación músicos ao vivo para os Premios Martín Códax da Música

Jacobo Sutil e Iria Pinheiro asinan o convenio mediante o que a Xunta colabora economicamente coas actividades de promoción e a gala de entrega da quinta edición dos galardóns

10/01/2018

A Xunta garante un apoio estratéxico e plurianual ao  I Concurso de Rondallas de Vigo 

A Consellería de Cultura financiará con 90.000 euros o desenvolvemento deste certame organizado pola Federación de Rondallas da área metropolitana de Vigo

O conselleiro Román Rodríguez subliñou a importancia de conservar esta tradición popular tanto para a cidade como para o conxunto de Galicia, polo que anunciou un evento similar na Cidade da Cultura

 

  • Foto (c) Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
09/01/2018

A Agadic colabora coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia na organización dos Premios María Casares

Jacobo Sutil e Nieves Rodríguez asinaron o convenio para a realización do programa de actividades da vixésimo segunda edición destes galardóns teatrais

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá o 21 de marzo a cerimonia de entrega na que se coñecerán os gañadores nas 14 categorías convocadas

 

  • Os monicreques de Kukas levan ás taboas do Salón Teatro a obra coa que Roi Vidal gañou o Barriga Verde
09/01/2018

Os monicreques de Kukas levan ás taboas do Salón Teatro a obra coa que Roi Vidal gañou o Barriga Verde

Réquiem por un monicreque representarase do xoves ao domingo na sede do CDG, onde tamén ofrecerá dous pases matinais concertados con centros escolares

É un dos 31 espectáculos galegos apoiados pola Xunta a través das subvencións da Agadic á produción escénica de 2017

Isabel Rei dirixe esta peza, que recrea un teatro á italiana coa decoración típica do século XIX, para achegarlle ao público todo o que pasa diante e detrás do pano

  • Un ciclo de cine de temática medieval abre maña a programación de 2018 na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe
08/01/2018

O CGAI inicia 2018 cunha escolma de filmes sobre temas medievais e o cine español máis rompedor

VindeCine, ciclo que acompaña a exposición do pergamiño Vindel no Museo do Mar, inclúe 10 títulos que retratan o medievo dende diversas perspectivas

Por terceiro ano consecutivo, Banda á parte achégalle ao público sete das películas independentes máis destacadas da temporada en España

 

07/01/2018

As bibliotecas centrais territoriais e a Biblioteca de Galicia promoven o 11 de xaneiro unha programación especial para celebrar esta data, que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2018

Máis obras en préstamo, contacontos, obradoiros, mostras, agasallos ou sorteos para os que se acheguen ese día ás bibliotecas centran as propostas conmemorativas

 

06/01/2018

A súa primeira carteleira semestral de 2018 achegará 346 actuacións de teatro, danza, música, maxia e circo a 42 dos espazos asociados a este circuíto da Xunta

O orzamento que a Agadic e os concellos asociados achegan ao desenvolvemento desta programación supera os 860.000 euros

 

04/01/2018

A Agadic organizou máis de 1800 funcións escénicas, concertos e proxeccións de cine durante 2017 

As redes de teatros e auditorios, de salas e de música ao vivo sumaron 853 actuacións, mentres que o circuíto Cultura no Camiño ofreceu 371

As programacións desenvolvidas polo CGAI, Centro Dramático Galego, Cinemas de Galicia e os mercados Galicia Escena Pro e Conecta Fiction achegáronlle ao público 518 citas culturais

  • Logo Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
29/12/2017

Grazas ao sistema integrado de xestión bibliotecaria implantado pola Xunta en preto de 90 bibliotecas municipais

Cun carné único, os usuarios e usuarias poden acceder aos servizos de todas as bibliotecas, ao tempo que se facilita o labor dos técnicos, cunha xestión homoxénea e máis eficiente dos recursos e dos datos