Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1041
- 1042
- 1043
- 1044
- 1045
- 1046
- 1047
- 1048
- 1049
- …
- seguinte ›
- última »
Borriquita de Belém, Casa das Crechas e Moon Music Club acollen estes directos dentro do primeiro período de programación anual do circuíto da Xunta, que en Santiago tamén conta coa Sala Capitol como espazo asociado
Bakin Blues Band, que actúa mañá, Alberto Vilas, Silvia Penide, Aldaolado, Presumido, Víctor Aneiros ou Dakidarría son alguns dos grupos e solistas en cartel
A Agadic inviste 185.000 euros na carteleira que a rede desenvolverá en 23 salas galegas durante 2018, cifra que supón o 85% do orzamento destinado á contratación dos grupos
Afterplay é o título do seu primeiro espectáculo, que se estrea este venres na sede do Centro Dramático Galego, onde se representará ata o domingo
Esta peza interdisciplinar, escrita e dirixida por Lorena Conde, fala da decepción dunha xeración empeñada na procura da felicidade
A Agadic inicia no festival francés de Clermont-Ferrand a difusión exterior do novo catálogo Shorts from Galicia
Conta cun espazo promocional no mercado deste prestixioso encontro galo, onde a curta Matria, flamante gañadora en Sundance, compite na sección internacioanal
O filme de Álvaro Gago forma parte da publicación da Xunta de Galicia, que recolle tamén as curtametraxes Buenos días, España, Plus Ultra, La mujer invisible, El reloj e Rapa das bestas
A resolución, que afecta ás esculturas que se conservan da primitiva fachada medieval deseñada polo Mestre Mateo para a Catedral compostelá, publícase hoxe no DOG
Ábrese un período de información pública dun mes e comeza a conta atrás para a que a actuación sexa efectiva nun prazo máximo de dous anos
Poden concorrer todas as empresas dedicadas profesionalmente á realización de actividades de estímulo da lectura e o prazo remata o 11 de febreiro
As propostas conforman o catálogo no que as bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia escollerán as accións a desenvolver durante o ano 2018
O secretario xeral de Política Lingüística participa en Fene nos actos do I Día dos Medios en Galego
As actividades centrais desta conmemoración impulsada pola Asociación de Medios en Galego incluíron unha gala e unha ofrenda floral ao Monumento ao Camiñante descoñecido
A xornada quere visibilizar as empresas xornalísticas que utilizan a lingua de Rosalía e poñen o foco na realidade de Galicia
Maite Arroitajauregui interpretará temas do disco 100% Oion, que gravou implicando a veciños de Oion, en Euskadi
A artista confronta a través das súas composicións os prexuízos e rumores que rodean á inmigración e serven de base para que agrome o racismo
O concerto, que terá lugar no CGAC, forma parte do programa do festival Escenas do Cambio da Cidade da Cultura
Coordinado por Antón Reixa, o programa Pensando en cine, pensando en Galicia dá comezo mañá coa poeta Yolanda Castaño e a película Mimosas, de Oliver Laxe
Cultura inviste 206.000 euros na conservación e mellora dos edificios e dos exteriores das illas de San Simón e Santo Antón
As obras contemplan a revisión, restauración e rehabilitación das construcións, así como accións para protexelas e previr a súa deterioración no futuro
As illas, situadas na enseada da ría de Vigo, teñen a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de sitio histórico desde o ano 1999
A Agadic colabora co colectivo RPM na segunda edición das Residencias Paraíso de danza
Continúa así este programa de investigación arredor das artes do movemento co obxectivo de favorecer novos proxectos e compañías, ademais de apoiar as xa consolidadas durante os seus procesos creativos
O período de inscrición de propostas está aberto ata o 12 de febreiro e súmanse tres novos escenarios receptores aos seis participantes de 2017









