Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1046
- 1047
- 1048
- 1049
- 1050
- 1051
- 1052
- 1053
- 1054
- …
- seguinte ›
- última »
A Sala de Afundación acolle desde hoxe e até o vindeiro 20 de xaneiro esta exposición coa que o Museo, xestionado pola Xunta de Galicia, recoñece ao que foi o seu impulsor institucional
A través de preto de 120 obras de carácter diverso o visitante poderá aproximarse á vida e obra dun dos principais protagonistas do desenvolvemento da cidade durante as primeiras décadas do século XX
O conselleiro de Cultura e Turismo explicou na inauguración que salvagardar o patrimonio, como fixo Macías, supón manter e legar a cultura de nós
A Xunta apoia esta programación, organizada por Sweet Nocturna, que presenta por vez primeira en Galicia o cuarteto Foursight Quartet do que foi o contrabaixista de Miles Davis, ademais de colaborador doutros grandes nomes da música
O músico estadounidense, de 81 anos, pon o colofón a esta nova entrega do ciclo, dentro do que tamén actuaron o israelí Asaf Avidan, a mítica Ronnie Spector, a banda estadounidense Mercury Rev e o bluesman británico Jack Broadbent
O conselleiro Román Rodríguez e o escritor e ex-ministro de Cultura asinaron hoxe un contrato para a cesión da ampla colección de fotografías deste último que dá conta da súa traxectoria vital, cultural e profesional
Este material incorporarase ao fondo da filmoteca galega, que atesoura arredor de 40.000 fotografías, ademais de filmes e outros materiais audiovisuais
Con esta mostra itinerante, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando durante todo o ano ambos itinerarios en diferentes puntos de Galicia e Portugal
No marco do Plan director do Camiño de Santiago, a Xunta dedica 2018 a estas rutas xacobeas, coa súa mellora, sinalización, promoción e dinamización
Ambas están a vivir nos últimos anos unha notable evolución e aglutinan aproximadamente ao 25% dos peregrinos que chegan a Galicia
O evento musical patrocinado pola Xunta co obxectivo de promover o Xacobeo 2021 recibe o aval do sector, a través do xurado profesional, e do voto do público
A nova peza do creador vigués poderá verse en Santiago do 2 ao 4 de novembro, tras a súa presentación o pasado día 23 no festival BAD de Bilbao
O público sitúase nunha grada sobre o escenario para seguir de preto esta historia sobre a ausencia, os soños, o medio e o silencio que teñen lugar en calquera grupo ou núcleo familiar
Hoxe inaugurouse esta exposición, conformada por arredor de 80 pezas representativas da arte actual e comisariada por Antón Sobral e Hubert Huber
Román Rodríguez afirmou que este proxecto expositivo “afianza a relación de intercambio cultural establecida entre ambas rexións” e incidiu na importancia de enriquecer a universalidade a través do cultivo da diversidade
A Xunta colabora na mostra Galicia-Baviera. Wanderlust, que reúne no Museo do Pobo Galego a 33 relevantes artistas visuais
O grupo, que viaxa co apoio da Agadic mediante un acordo coa organización do evento, tocará este venres no Auditorio Alfredo Kraus dentro da sección Atlantic Connections do programa de concertos
Hoxe deu comezo a actividade no recinto feiral da World Music Expo, onde a marca GalicianTunes dispón dun espazo promocional
O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro cos participantes na Cidade da Cultura
O Museo Centro Gaiás acollerá a partir das 19h esta festa propia do outono e con moito arraigo na cultura popular galega, que ten xa as entradas á venda
O último Premio Martín Códax da Música Tradicional e Folk poralle música ao festexo e será o mestre de luxo do obradoiro de percusión, de prazas limitadas
A degustación de castañas, asadas ou como ingrediente principal en petiscos, corre a cargo da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia









