Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1049
- 1050
- 1051
- 1052
- 1053
- 1054
- 1055
- 1056
- 1057
- …
- seguinte ›
- última »
O conselleiro de Cultura participou na inauguración da reunión, organizada por Hispania Nostra
Román Rodríguez apela a protexer, conservar e difundir entre todos o patrimonio cultural galego
Os sete concellos integrados na Rede de Dinamización Lingüística acollen as proxeccións en formato de gran pantalla de cinema en exterior desde hoxe ata o domingo
Sinbad e Pérez, o ratiño dos teus soños son os títulos en carteleira
A entrada a todas as proxeccións é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados
O bispo de Lugo e o titular de Cultura explicaron a obra de acondicionamento do baixo cuberta das antigas sancristías e capela de San Froilán, que está a piques de rematar e permitirá crear estancias para depósito no baixo cuberta da nave do Evanxeo e recuperar as fiestras románicas do triforio
Segundo o conselleiro, este museo xoga un papel vertebrador na xestión do patrimonio relixioso da diocese lucense, a que conta con maior número de parroquias de toda España
A Agadic contribúe á promoción no prestixioso encontro internacional de ambas fitas de Frida Films, que contaron tamén con cadansúa subvención á produción
Tras o seu paso por Locarno, Xacio Baño presenta a súa primeira longametraxe o día 25 na sección Zabaltegi-Tabakalera, mentres que o documental de Antonio Díaz Huerta terá a súa estrea mundial o día 24 en Zinemira
Xunto con Trinta lumes, de Diana Toucedo, conforman a representación do cinema galego na 66ª edición do festival
Do 26 ao 30 de setembro as actividades conmemorativas atraerán un gran número de persoas a este espazo aberto para o desenvolvemento, impulso e promoción da arte galega actual, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura
As proxeccións de luz do artista asturiano lembrarán e poñerán en valor a colaboración entre Álvaro Siza e Isabel Aguirre para crear o parque de Bonaval
A compañía presenta o seu último espectáculo este xoves 20 e o venres 21 no Auditorio Municipal de Ourense
Dani Salgado dirixe a posta en escena dun texto de Fernando Dacosta, quen forma parte do elenco xunto con Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago e Elena Seijo
O conselleiro e o alcalde asinaron un convenio de colaboración a través do que se mellorará a climatización da súa sede e se facilitará a apertura na mesma dunha biblioteca infantil e xuvenil
O Festival Internacional Outono de Teatro desvelou hoxe a súa carteleira completa e as actividades paralelas que se desenvolverán do 28 de setembro ao 31 de outubro
É un dos oito encontros escénicos apoiados este ano a través da convocatoria de axudas da Agadic para festivais profesionais
Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 11 de setembro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de entrega do II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, que nesta segunda edición foi para Daniel Asorey Vidal pola obra Anatema.
A escritora brasileira de orixe galego, presente no acto, foi a encargada de entregarlle o galardón a Daniel Asorey, profesor de profesión; así como os dous accesits que recaeron no escultor Rosendo Cid Menor e no xornalista Xesús Fraga.
Na XV Romaría Coral Galega participarán un total de 34 agrupacións de toda Galicia
A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia destacou o encontro como o máis importante da música coral no noso país
A Federación Coral Galega a Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizan esta edición coa colaboración do Concello de Santiago









