Nova: Daniel Asorey recolle o Premio de Relato Breve Nélida Piñón

11/09/2018

Daniel Asorey recolle o Premio de Relato Breve Nélida Piñón

  • Daniel Asorey Daniel Asorey
  • Entrega do premio de Relato Breve Nélida Piñon a Daniel Asorey Entrega do premio de Relato Breve Nélida Piñon a Daniel Asorey

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 11 de setembro de 2018.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de entrega do II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, que nesta segunda edición foi para Daniel Asorey Vidal pola obra Anatema.

A escritora brasileira de orixe galego, presente no acto, foi a encargada de entregarlle o galardón a Daniel Asorey, profesor de profesión; así como os dous accesits que recaeron no escultor Rosendo Cid Menor e no xornalista Xesús Fraga.

Durante a súa intervención no acto, o conselleiro de Cultura subliñou a importancia deste galardón —que conta co apoio da Consellería— como estímulo á produción literaria e plataforma de lanzamento de novos escritores galegos. Román Rodríguez sinalou que se trata dun dos certames de narrativa breve dos máis representativos do panorama literario galego que “amosa un compromiso innegable coa nosa cultura e con aspectos esenciais da identidade galega”.