Axudas, subvencións e bolsas : III EDICIÓN RESIDENCIA XACOBEO PARA TRADUTORES/AS DE LITERATURA GALEGA
III EDICIÓN RESIDENCIA XACOBEO PARA TRADUTORES/AS DE LITERATURA GALEGA
Residencia Xacobeo para Tradutores/as de Literatura Galega
Convocada en colaboración entre a Xunta de Galicia e a Residencia Literaria 1863, a III Residencia Xacobeo vai dirixida a tradutores e tradutoras literarias que planeen verter unha obra orixinalmente escrita en galego a outro idioma. O autor seleccionado viaxará a Galicia durante o mes de marzo de 2023 para preparar o seu proxecto de tradución, para o que se aloxará nas instalacións da Residencia Literaria 1863, na Coruña. Desde alí, facilitaráselle un acceso prioritario a museos, galerías, bibliotecas, concertos, visitas guiadas, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos culturais.
Poderá concorrer á convocatoria individualmente calquera tradutor literario maior de 18 anos e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de decembro de 2022.
A solicitude deberá acompañarse cun currículo, proxecto de tradución dunha obra en galego para calquera outra lingua do mundo, en calquera xénero, un dossier literario e unha carta de motivación. A documentación debe remitirse ao enderezo electrónico da Residencia Literaria 1863.
Ata o 30 de decembro.
Poderá concorrer á convocatoria individualmente calquera tradutor literario maior de 18 anos e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de decembro de 2022. A solicitude deberá acompañarse cun currículo, proxecto de tradución dunha obra en galego para calquera outra lingua do mundo, en calquera xénero, un dossier literario e unha carta de motivación. A documentación debe remitirse ao enderezo electrónico da Residencia Literaria 1863, 1863coruna@gmail.com.
A profesora emérita da Universidade de Maine (Estados Unidos) Kathleen March foi a beneficiaria da primeira Residencia Xacobeo. Ao abeiro desta exitosa experiencia, a investigadora desenvolveu o seu traballo en Galicia sobre dúas obras en prosa de escritoras galegas: Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, e Bibliópatas e Fobólogos, de Emma Pedreira, verténdoas para o inglés.
O poeta, editor e tradutor letón Arvis Viguls (Jēkabpils, 1987), beneficiario da II Bolsa en Residencia Xacobeo. A tradución do poemario do galego Hermo, que xa recibiu o interese de varias casas editoriais letoas ante as complicidades do sector cara unha literatura coma a galega, supoxo contar co primeiro volume individual dun poeta galego nesa lingua báltica.
Estado de tramite: En trámite