Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de 10 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

Convocatoria de 10 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

Presentación de solicitudes ata o 7 de setembro de 2020 na sede electrónica da Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou o 7 de agosto a convocatoria de dez bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). A convocatoria ten como obxectivo reforzar a investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.

En concreto, os proxectos para os que se convocan prazas son o Dicionario galego-italiano (Galita), Bibliografía da literatura galega, Corpus de referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa María, Prosa literaria medieval, Terminoloxía científico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala, Proxecto Base de datos do Atlas Lingüístico Románico (ALIR) e Dicionarios de literatura. A duración das bolsas abranguerá do 1 de novembro de 2020 ao 31 de outubro de 2022, cunha retribución mensual de 990 euros.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia entre o 8 de agosto e o 7 de setembro de 2020.

 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte