Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de axudas á tradución e á edición en galego e dende o galego

Convocatoria de axudas á tradución e á edición en galego e dende o galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de axudas á tradución e á edición en galego de obras orixinariamente publicadas en galego noutras linguas e á e tradución e edición de obras publicadas en calquera lingua ao galego. 

Mediante a orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, a Consellería de Cultura e Turismo favorece o enriquecemento cultural na sociedade galega. 

As axudas están abertas a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde.  

Estado de tramite: En trámite

Comparte