Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en materia de arquivos

Bolsas de formación en materia de arquivos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría xeral de Cultura, convoca unha orde de bolsas de formación en materia de arquivos: Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2018. (DOG núm. 26,  do 6 de febreiro de 2018).

O número de prazas convocadas será de vinte (20), terán unha duración máxima de seis meses (6) e poderán ser prorrogadas automaticamente ata outros seis meses (6) en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018 e 2019.

Estado de tramite: En prazoen prazo

Prazo de presentación:

07/02/2018 a 06/03/2018