Axudas, subvencións e bolsas : Axudas destinadas a actuacións en materia de arquivos 2018

Axudas destinadas a actuacións en materia de arquivos 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría xeral de Cultura, convoca unha orde de axudas destinadas a actuacións en materia de arquivos: Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018).

Poderán solicitar unha axuda os entes locais que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de febreiro de 2018.

 

Estado de tramite: En trámite