Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega 2017

Subvencións para desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega 2017

A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publica a Resolución do 2 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2017.

Prazo de presentación: do 17 de xuño ao 17 de xullo de 2017

Presentación de solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal. Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, preferiblemente por esta vía e, de xeito alternativo, en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado.

Convocatoria: DOG núm. 114, do 16 de xullo de 2017

 

Estado de tramite: En trámite