Axudas, subvencións e bolsas : Axudas aos concellos para a mellora de equipamentos culturais 2017

Axudas aos concellos para a mellora de equipamentos culturais 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 5 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e ás agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. 

A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 90% do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 30.000 euros ascenderá a 35.000 euros cando se trate de solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local.

O prazo para a presentación comeza o 30 de maio, e prolongarase durante un mes.

Estado de tramite: Resolto

Comparte