Axudas, subvencións e bolsas : Ampliación da dotación orzamentaria das axudas para a mellora das coleccións bibliográficas

Ampliación da dotación orzamentaria das axudas para a mellora das coleccións bibliográficas

Destinada a concellos de Galicia con bibliotecas ou axencias de lecturas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, publica no DOG núm. 165, do 31 de agosto de 2015, a Orde do 21 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 22 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de maio de 2015 ao 1 de abril de 2016.

Contía total das axudas: O importe da orde, tras esta ampliación, pasará a ser de 96.420 euros con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015, e de 80.000 para 2016, polo que a contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende á cantidade de 176.420 euros.

Xustificación: A documentación requirida na fase xustificativa tamén se poderá presentar electronicamente, accedendo ao expediente do presente procedemento na Carpeta do cidadán da entidade local que presentou a solicitude de inicio, https://sede.xunta.es/carpeta-do-cidadan, mediante o formulario normalizado habilitado para o efecto a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Prazo de presentación: Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida Orde do 22 de xuño de 2015 para a presentación de solicitudes.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte