Axudas, subvencións e bolsas : RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS A INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO E ENTIDADES LOCAIS GALEGAS, DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CE
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS A INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO E ENTIDADES LOCAIS GALEGAS, DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CE
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS A INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO E ENTIDADES LOCAIS GALEGAS, DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO 2023
As solicitudes admitidas coas puntuacións relaciónanse no Anexo I que se xunta, ordenadas
por número de expediente:
-Anexo I. a): Institucións sen fin de lucro, que comeza pola Asociación Cultural San Pedro de Bordóns e remata na Asociación Amigos da Banda de Música de Celanova.
-Anexo I. b): Entidades locais galegas, que comeza polo Concello de Cangas e remata no
Concello de Chantada
Aprobar a listaxe de solicitudes excluídas e as causas de exclusión, incluíndo as solicitudes que non se axustan ao obxecto, finalidade e requisitos recollidos nos artigos 1 e 2 da orde, así como aquelas solicitudes non presentadas en tempo e forma, consonte o establecido no artigo 8 da orde de convocatoria (Anexo II)
Publicar a proposta de resolución provisional coas listaxes correspondentes no portal web www.cultura.gal.
Segundo o establecido na Orde de convocatoria, ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á publicación do presente documento no portal web, para a presentación de alegacións, as cales irán dirixidas á Dirección Xeral de Cultura a no lugar e forma indicados no artigo 15.6 da Orde de convocatoria.
En todo caso, as entidades locais que presenten alegacións enviaranlle un correo electrónico á Dirección Xeral de Cultura , a través do seguinte enderezo: axudas.cultura@xunta.gal no cal indicarán o día en que se presentou a alegación e o motivo da mesma.
Estado de tramite: En trámite
Documentos relacionados
- anexos_proposta_provisional.pdf206.4 KB
- proposta_resolucion_provisional.pdf169.24 KB