Aviso: Formación inicial sobre a UE e as súas fontes de financiamento para o sector cultural

Formación inicial sobre a UE e as súas fontes de financiamento para o sector cultural

Curso da EGAP e a Secretaría Xeral de Cultura

A EGAP convoca dentro do seu plan de formación continua o curso Formación inicial sobre a UE e as súas fontes de financiamento para o sector culturalespecialmente pensado para o persoal da Secretaría Xeral de Cultura.

O obxectivo prioritario é adquirir unha formación inicial xeral sobre á Unión Europea orientada ao sector da cultura. A formación terá dous bloques, un primeiro de contextualización, que incluirá tanto a exposición da estrutura das institucións que conforman a UE, como a análise das funcións que teñen encomendadas e as fontes estruturais de financiamento; e un segundo bloque onde centraremos o discurso nos diferentes programas europeos aos que presentar proxectos culturais.

O curso terá carácter presencial, o número de alumnos será de 35 e rexerase pola norma da EGAP. A matrícula está aberta desde o 24 de abril ao 3 de maio de 2018.

Pódese consultar aquí a ficha  do curso.

Para calquera dúbida, contactar con Mar Nogueira, 881 995 021.

Estado de trámite: En trámite

Comparte