Aviso: Declárase de interese galego a Fundación Blanco Amor

Declárase de interese galego a Fundación Blanco Amor

Mediante unha resolución do 2 de marzo de 2018, publicada no DOG do 13 de marzo, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, declárase de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Blanco Amor. A fundación foi constituída en Ourense o 17 de outubro de 2017.

Entre os obxectivos da fundación están o da conservación, difusión, promoción e tradución da obra de Eduardo Blanco Amor e o seu legado; a promoción de actividades de estudo e investigación nos campos da literatura, o xornalismo, a lingua galega, as artes, a fotografía e os estudos históricos e políticos; a dinamización e difusión sociocultural de todo o relacionado con Eduardo Blanco Amor e a potenciación e difusión da cultura e da realidade social, sobre todo da época do escritor. 

Comparte