Aviso: Formalización do contrato de obras para intervencións nas illas de San Simón e Santo Antón

Formalización do contrato de obras para intervencións nas illas de San Simón e Santo Antón

Publicouse no DOG a resolución do 16 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras para a realización de varias intervencións en edificios e espazos exteriores das illas de San Simón e Santo Antón, en Redondela, mediante contratación documentalmente simplificada.

As obras tiñan un orzamento base de 232.050,00 euros, IVE excluido, e foron adxudicadas á contratista Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L, por un importe de 206.000,00 euros, IVE excluído. A proposta foi seleccionada por ser, segundo as conclusións da resolución, a oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Estado de trámite: Resolto

Comparte