Aviso: Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección do Centro Coreográfico Galego
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección do Centro Coreográfico Galego
Trátase de prazas de bailaríns/as para a produción As catro estacións da temporada 2016
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe, 10 de maio de 2016, a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura de 8 prazas de bailaríns/as para a produción As catro estacións da temporada 2016 do seu departamento de produción coreográfica, segundo a seguinte RESOLUCIÓN.
As persas interesadas dispoñen dun prazo de tres días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución para presentar as emendas correspondentes. As reclamaciónsAs reclamacións poderán presentarse no Rexistro da Agadic, sito na Cidade da Cultura de Galicia, ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Dado que na documentación que acompaña ás solicitudes non se aporta a totalidade da documentación acreditativa do curriculum vitae, acordar que todos os solicitantes poderán enviar os méritos debidamente xustificados, de conformidade coa base 3.l.b), "Para xustificar os méritos alegados, será preciso que as persoas aspirantes acheguen xunto co currículocopias compulsadas dos títulos ou diplomas correspondentes e contratos que así o acrediten. Tamén poderán achegarse certi{icacións orixinais ou fotocopia compulsada destas, expedidas polas entidades que impartiron a formación ou que procederon a súa contratación", no mesmo prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución. Os méritos non acreditados non serán tidos en conta no proceso selectivo.
Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución na que figure o listado definitivo de persoas admitidas e excluídas. Esta publicación, de acordo coa base terceira da convocatoria, implica a desestimación das alegacións ou emendas formuladas por aqueles aspirantes que queden definitivamente excluídos/as.
Consulta aquí a lista provisional