Aviso: Aberto o prazo de licitación do servizo de limpeza de varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo

Aberto o prazo de licitación do servizo de limpeza de varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo

Procedemento aberto con pluralidade de criterios

O servizo obxeto do contrato é: servizo de limpeza dos seguintes centros dependentes da Xefatura Territorial de Lugo da área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Museo do Castro de Viladonga e o seu almacén externo, Biblioteca Pública de Lugo, conxunto etnográfico do Cebreiro (4 pallozas) e a oficina do garda no monumento de Santalla de Bóveda.
O prazo de execución do contrato será de 24 meses prorrogable por 12 meses.
O orzamento base do proxecto é de 129.862,00€ IVE incluído (107.323,97€ + 22.538,03€ IVE). Este orzamento distribuiráse en 3 anualidades:

  • 2015: 37.876,42€.
  • 2016: 64.931,00€.
  • 2017: 27.054,58€.

A garantia definitiva que se deberá presentar será o 5% do orzamento adxudicado, IVE excluído.
As ofertas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, en sobre pechado.
O prazo para a presentación de proposicións abrangue desde o 28 de maio ata o 11 de xuño de 2015.

Estado de trámite: En trámite

Comparte