Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Curtas Film Fest: Lucky

Unha muller dos suburbios loita para que a xente crea que realmente está a ser perseguida por unha figura que a atosiga noite tras noite cando regresa a casa. Tras comprobar que ninguén da súa contorna cre nela, decide solucionar o problema pola súa propia conta.

 

Galego

Curtas Film Fest: Ao morir a matinée

É unha noite tormentosa en Montevideo en 1992. Un cinema con certo aire decadente está aberto. Alí exhíbese unha película de terror italiana titulada A morte xamais vista, que atrae a atención duns poucos asistentes. A sala non conta co seu proxectista habitual, substituído pola súa filla. Nesa tardía función, aparecerá un sombrío personaxe coa intención de asasinar a todos os espectadores.

Galego

Cine no Camiño

O ciclo incluirá as seguintes longametraxes rodadas en galego:

Longa noite (Caldas de Reis)

Arima (A Rúa, Tui e Baiona)

Trote (O Porriño e Pantón (en colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra) )

O que arde (A Estrada, Mos e Vigo)

Eroski Paraíso (Negreira)

Alí onde se proxecte Arima, o público contará coa presenza da directora do filme, Jaione Camborda, con quen se establecerá un coloquio. No resto dos casos, haberá dobres pases da película.

Galego

Curtas Film Fest: O Resplandor

Jack Torrance trasládase coa súa muller e o seu fillo de sete anos ao impresionante hotel Overlook, en Colorado, para encargarse do mantemento das instalacións durante a tempada invernal, época na que permanece pechado e illado pola neve. O seu obxectivo é atopar paz e acougo para escribir unha novela. Con todo, pouco despois da súa chegada ao hotel, ao mesmo tempo que Jack empeza a padecer inquietantes trastornos de personalidade, sucédense estraños e horribles fenómenos paranormales.

Galego

Curtas Film Fest: Christine

Christine é un Plymouth Fury de 1958 que saíu dunha cadea de montaxe de automóbiles de Detroit, pero non é un coche calquera. No fondo do seu chasis alóxase o mismísimo diaño, que alberga un desexo de vinganza insaciable que xea o sangue a calquera e destrúe todo o que atopa no seu camiño.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual