Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Zombi Child

Haití, 1962. Un home regresa de entre os mortos para ser enviado ás infernais plantacións de cana de azucre. En París, 55 anos despois, no prestixioso internado da Lexión de Honor, unha adolescente haitiana revélalles un antigo e escuro segredo familiar ás súas novas amigas, sen imaxinar que esta estraña historia ha provocar que unha delas cometa unha atrocidade. Bertrand Bonello resucita a poética de Jacques Tourneur para afondar nunha Francia en que ecoan as pantasmas do pasado colonialista.

Galego

18ª Semana de Cine Euroárabe AMAL

A Semana de Cine Euroárabe AMAL cumpre 18 anos nun contexto inédito directamente marcado pola situación sanitaria. Por iso, a organización ten en marcha diferentes medidas e protocolos como a compra da entrada de xeito anticipado a través de Internet, a recomendación de asistir con antelación e entrar e saír de xeito ordeado para evitar aglomeracións. Tamén se prevé o uso de máscara e xel hidroalcohólico e empregar o asento asignado, entre outras. O festival celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela do 26 ao 30 de outubro.

Galego

O espantallo

Os xornaleiros Keaton e Roberts comparten unha casiña de campo chea de enxeños mecánicos que lles fan a vida máis doada. Ambos rivalizan polo amor da filla do granxeiro. Keaton, disfrazado de espantallo causará todo tipo de problemas ao seu rival e ao do granxeiro.

Galego

O grande espectáculo

Buster Keaton ten un soño no que é o director e intérprete de todos os instrumentos dunha mesma orquestra. Ao acordar descubrimos que traballa na tremoia dun teatro onde coñece a dúas irmás xemelgas, namora dunha deles e desencadea unha gran confusión.

Galego

Veciños

As propiedades de dúas familias están separadas por unha feble cerca. A través dun buratiño da mesma, Buster Keaton, fillo menor dunha familia, e unha moza filla da outra familia, intercambian mensaxes de amor. Isto vai dar pé a equívocos sobre quen ama a quen. É só o comezo dunha chea de leas nas que se mete Keaton, sempre coa súa eterna cara de pau.

Galego

A illa das mentiras

Que sucede despois dun naufraxio no sitio onde sucedeu? Na noite de 1 xaneiro 1921, no medio dunha néboa grosa, o steamer Santa Isabel, con 260 emigrantes no taboleiro ligado para Buenos Aires, afundiu da costa abrupta e dura da illa de Sálvora, na provincia da Coruña. Aquela noite alí era ningún home na illa, celebraban nadal no continente. A esperanza única para os superviventes que loitan non para ser truncado ás rochas eran as poucas mulleres, homes vellos, e nenos que viviron na illa. Tres persoas novas desde a illa decidiron tomar ao mar nunha barca tradicional pequena.

Galego

Vitalina Varela

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, a veciñanza desconfía. Pasa apesarada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida secreta, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.

Galego

Nunca, case nunca, ás veces, sempre

Autumn, unha apática e calada adolescente, traballa como caixeira nun supermercado rural de Pennsylvania. Véndose obrigada a soportar un embarazo accidental e sen alternativas viables para poder realizar un aborto no seu propio estado, ela e a súa prima Skylar reúnen algo de diñeiro e embárcanse nun autobús rumbo a Nova York. Coa dirección dunha clínica apuntada nun papel e sen un lugar no que pasar a noite, as dúas mozas adéntranse nunha cidade que descoñecen.

Galego

Falling

John Peterson vive co seu marido Eric e a súa filla adoptiva, Monica, en California. Willis, o seu pai, un granxeiro solitario e conservador, accede a viaxar a Los Ángeles e quedarse na casa de John mentres busca o lugar idóneo para xubilarse. Durante a súa estancia, os mundos de pai e fillo chocan violentamente, furgando en vellas feridas e abrindo novas na viaxe mutua á aceptación e o perdón.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual